ActualidadeAs crónicasNoticias

9 medallas en Riazor e novas mínimas nacionais

Como adiantamos na previa do venres, o comezo dos Campionatos Galegos de categorías supuxo a chegada de novas medallas á Casa Celta, así como novas mínimas para os nacionais:

  • A coruñesa pista de Riazor volveu a acoller o Campionato Galego Sub23 Indoor nos que a representación céltica destacou nunha xornada con pouca participación. Andrea Nóvoa (ouro en Altura e bronce en 50mv) e Laura Rosende (prata en 400 e bronce en 200) exerceron de veteranas aportando a metade dos metais conseguidos, mentres que Elvira Okutu co seu ouro en lonxitude completaría o elenco de campionas galegas sub23. Pola súa parte conseguiron o subcampionato Raquel Arias (50), Luis do Río (400) e Víctor Currás (Peso). O delegado da expedición Xosé Fernández pecharía a representación con dous 4º postos en lonxitude e 400.

    Os sub23 célticos presentes en Riazor neste descafeinado campionato. Héroes!

  • Na mesma xornada matinal do domingo, Lucía Cardesín proclamábase tamén en A Coruña como Campiona Galega de 1500 sub20. A atleta pontevedresa continúa deste xeito colleitando éxitos coa celeste dende a súa fichaxe en novembro.
  • Nos diferentes controis celebrados por toda a xeografía galega, destacamos a segunda Mínina Nacional acadada por un membro da Escola Celta Atletismo esta temporada. O protagonista foi Hugo Suárez que se fixo coa marca mínima nos 1000m na categoría sub16  (2:47.44) na segunda xornada das Series Municipais disputada en Vigo.

¡Parabén a tod@s!

Anterior post

A previa 19/01: Galego Promesa en Coruña e máis controis

Siguiente post

5 medallas dos combineiros, os cadetes seguen medrando

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *