ActualidadeAs crónicas

8 medallas para os cadetes no autonómico, cara e cruz para Olaia Becerril

Máximo rendemento e competitividade dos nosos atletas máis novos o pasado fin de semana. Últimas probas baixo teito na tempada de inverno na que os nosos atletas volveron a demostrar a súa mellora despois destes meses adestrando:

  • 8 medallas para os nosos cadetes no Campionato de Galicia sub16 na despedida de Expourense nesta tempada. A expedición de 27 atletas célticos mellorou notablemente as súas marcas persoais no que foi o último autonómico e cita antes do seu nacional en Sabadell o vindeiro fin de semana. Erik Fernández foi o único ouro nos 60m con marca persoal. Serían 3 os subcampionatos galegos grazas a Eric Méndez (peso), Martín Barcia (mellorando a súa marca persoal no triple 1m e empatando co primeiro) e Antía Sestelo (mínima nacional en peso e marca persoal con 11’75). Os 4 bronces chegaron grazas a Jorge Román (600), David García (peso), Pedro Vázquez (con marca persoal no 1000) e Lucía Dopico (60mv). Sensacional balance para a categoría superior da nosa Escola e que invita ó optimismo para o aire libre e o Galego de Clubes sub16.

    Nediam Vargas tamén acudiu para apoiar ó noso futuro en Expourense

  • Actuación agridulce para Olaia Becerril en Antequera. A saltadora comezou o Campionato de España sub18 de Pista Cuberta con 3 nulos no salto de lonxitude, privándolle de mellorar os seus 5’50 desta irregular temporada de inverno. Malia a súa recuperación nas últimas semanas, a sorte non acompañou desta vez. Tivo a oportunidade de desquitarse nos 60m despois de superar a primeira ronda con 7’89 (marca persoal) e finalizando 10ª nas semifinais con 7’91, quedando ás portas da final por tempos. Seguro que en Gijón en Aire Libre poderá resacirse.

    Olaia (rúa 3) antes da saída da súa carreira na Ronda 1 do 60.

  • E hoxe chegou outra alegría e recoñecemento para Olaia. O Concello de Vigo anunciou os galardoados na que será a XIX Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca a celebrar o día 21. A saltadora está nomeada na categoría de mellor atleta promesa e o lanzador Nacho Fernández como mellor atleta absoluto, quitándose un pouco a espina dos 3 nulos o fin de semana pasado en Montijo. Completa a lista de premiados celestes o internacional Fran Pérez na categoría de deporte adaptado, sumando un novo éxito despois das 6 medallas da semana pasada nos Mundiais indoor para discapacitados.

3 novas que resumen a situación actual do Celta Atletismo: hexemónico dentro do atletismo vigués en todas as súas opcións e cun gran futuro por diante grazas á nosa Escola. Parabéns a todos!

Anterior post

A previa 09/03: Recta final da Pista Cuberta!

Siguiente post

A previa 16/03: Os cadetes á conquista de Sabadell