ActualidadeAs crónicas

4 medallas dos sub18 en Gijón e notable actuación das junior

Consagración definitiva da xeneración de xuveniles célticas. Neste fin de semana de Nacionais os atletas célticos cumpriron co esperado e superándoo en moitos casos. Comezan así os Campionatos de España nun mes que se prevén frenético:

  • No Campionato de España Sub18 desputado nas pistas de Las Mestas en Gijón. Comezaba a representación céltica o sábado cunha plata para Iria Rivas nos 5km marcha, pelexando polo ouro ata a meta (24:45:48) e consolidándose deste xeito a estradense como unha das mellores da súa idade a nivel nacional como demostrou todo o ano. Pero a explosión no medalleiro chegaría na xornada de domingo. En primeiro lugar, Irene Gómez superaba os seus problemas das últimas semanas para levarse outra plata no lanzamento de martelo moi preto do seu RG (61’18). No mesmo concurso, a súa compañeira de adestramento Patricia Correa daría a sorpresa mellorando en máis de 2m a súa MMP ata os 54’37m, rematando 7ª. Nico García completaría o éxito dos lanzamentos cun bronce no disco, manténdose tamén nas súas marcas (54’00m). A terceira medalla de prata sería un tanto máis amarga para Olaia Becerril na lonxitude. Despois de liderar o concurso, foi superada no último salto e a pesar de mellorar novamente ata os 5’82, tivo que conformarse cunha plata que despois dos seus problemas en inverno ten moito mérito. 4 metais e 1 finalista con marca persoal incluida para unha xeración que bateu varios Récords Galegos e do club nos últimos anos. Un valor seguro da nosa canteira.

    Iria Rivas aínda non rematou unha progesión esta tempada que parece non ter teito.

  • Ata Murcia desprazábanse os júnior buscando acabar un ano intenso no Campionato de España Sub20 e pese ó calor, pode considerarse que foi con nota. Eva Queimaño sería unha vez máis a máis destacada no heptatlon, pelexando ata o final polas medallas e sendo valente para conseguilo (4.544pts, a 150 do bronce). Andrea Pais pola súa banda iría progresando con moita facilidade nas súas eliminatorias do 200 (25’27; 25’31) para rematar en 7ª posición na final (25’59), carreira onde batiuse o Récord de España da categoría. Lucía Cardesín pelexou nas eliminatorias do 1500 por mellorar a súa marca pero acabaría 11ª da súa serie con 5:04:71. O susto deuno o noso marchador Brais Prieto que malia poder pelexar por un bo posto e ser finalista, viuse superado polo tremendo calor murciano e tivo que retirarse para ser atendido polos servicios médicos nos 10km marcha. Afortunadamente quedou só niso e seguro que o ano que vén poderá quitarse esa espiña.

    A presenza do seu adestrador como delegado David Gómez, factor clave para a gran actuación de Eva no seu nacional.

  • Precisamente dúas das nosas flamantes subcampionas de España sub18 foron convocadas pola RFEA para volver a ser internacionais. Iria Rivas Irene Gómez estarán presentes deste xeito no Campionato de Europa sub18 a celebrar entre o 5 e o de xullo en Gyor (Hungría). Esta será a segunda convocatoria coa Rojita que ficharon este ano polo noso clube, tras a da pasada Copa Go Fit Sub18 celebrada en Abrantes (Portugal). Dende aquí felicitalas novamente por esta tempada para enmarcar, así cómo os seus adestradores e responsables galegos das probas Carlos Morales e Jose Manuel Hermida.

    Iria e Irene no seu debut hai unhas semanas en Abrantes. Primeira de moitas!

  • E a raíz da extraordinaria carreira de 400m vivida o pasado venres no Meeting de Madrid celebrado en Moratalz, un dato da historia céltica saltou ó primeiro plano do panorama atlético nacional. Como indicou  o estadista da RFEA Miguel VillaseñorBruno Hortelano convertiuse no primeiro atleta español en ter os récords nacionais en 100, 200 e 400 dende o ilustre Ramón Magariños. Malia que o noso olímpico en México’68 non o conseguira de xeito simultáneo, serve para poñer en perspectiva a súa grandeza e calidade histórica. Podedes consultar o seu historial e marcas na nosa web, na seción de Clube —> Atletas Olímpicos.

Encaramos deste xeito o treito final da tempada para todos os atletas. As próximas citas, dúas das máis importantes para o noso clube en todo o ano: Por unha parte, o Campionato Galego Absoluto que servirá para estrenar as novas pistas universitarias de Elviña en A Coruña, con preto de 50 célticos na gran festa do noso atletismo. Por outra parte, o Campionato de España sub16 en Castellón, cunha xeración de cadetes que está a facer historia no noso clube dende moi novos. Aquí estaremos unha vez máis para contalo. Sorte!

Anterior post

Digno final nas Ligas e 5 metais dos cadetes coa selección

Siguiente post

3 medallas nacionais para os cadetes e 15 nun Galego Absoluto descafeinado

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: 4 medallas dos sub18 en Gijón e notable actuación das junior […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *