ActualidadeAs crónicas

3 medallas nacionais para os cadetes e 15 nun Galego Absoluto descafeinado

Unha das fin de semanas máis axitadas e intensas da temporada rematou dun xeito agridulce para o noso clube. Cuns resultados notables que confirman o crecemento experimentado esta tempada a nivel cuantitativo e cualitativo, dende a base ata os absolutos. Por outra parte, a sensación de que cun pouco máis de fortuna ditos resultados poderían ser aínda mellor, chegando a ser históricos. Este é o resumen da antepenúltima fin de semana de competición antes das vacacións:

  • O Campionato de España Sub16 celebrado en Castellón serviu como último asalto dos nosos cadetes despois dunha tempada plagada de éxitos. Os lanzamentos serían o noso punto forte unha vez máis, aportando as tres medallas conseguidas en Gaeta Huguet. Antía Sestelo cumpría coa súa condición de favorita grazas ó seu récord de España deste ano, levándose o metal dourado. A progesión da marinense de Javier López Viñas apunta a ser unha das fichaxes estrela o ano que vén para o equipo absoluto. Pola súa parte, o martelo tinguíase de celeste. Eric Méndez proclamábase campión de España por terceira vez este ano, certificando o salto de calidade do discípulo de Jose Manuel Hermida que incluiría un RG da súa categoría, quitándollo a Isaac Vicente. Foi acompañado unha vez máis polo noso pequeno búfalo no podio no terceiro caixón. David García levábase o bronce nun bo concurso (marca persoal incluida de 56’81) a uns centímetros do bronce. e demostrando que o mellor dos lanzamentos nacionais está nas Rías Baixas. Lara Tilve acusou os nervios e remataría en 4ª posición (43’79) pero lonxe das súas recentes marcas persoais, onde estivo a pelexa polas medallas. Non obstante, hai que ter en conta o enorme crecemento desta lanzadora no seu primeiro ano como especialista da proba, cunha plata en Avilés coa selección galega. Jorge Román tamén chegaría ata a final do 300 para rematar en 6ª posición e nas súas marcas (36’13) tras pasar con comodidade as eliminatorias.

    Talento e futuro cos mellores adestradores posibles nos nosos lanzamentos.

  • O citado nacional cadete servía como consagración definitiva da Escola Celta Atletismo e algunhas das súas promesas máis destacadas. Se os triple campións de España (inverno, seleccións e aire libre) Eric Méndez e Antía Sestelo remataron o curso con matrículas de honra, cabe destacar os notables e sobresaíntes doutros atletas que deron un salto de calidade este ano. Lara Tilve Lucía Dopico chegaban do AVA para convertirse nunhas fixas nos Campionatos de España, mentres que outros como Pedro Vázquez ou Jorge Román presentaron coa súa melloría este ano as súas candidaturas a chegar ó equipo sénior do clube de seguir así. En resumo, uns resultados individuais que postos en colectivo serven para seguir traballando con optimismo.

    Xeración espectacular da nosa Escola, e quen mellor que Sara Portabales para dirixilos?

  • As pistas universitarias de Elviña en A Coruña vivían a súa flamante reapertura co novo anillo sintético co Campionato Galego Absoluto, coincidindo coa 50ª edición feminina do mesmo.  48 atletas (21 homes e 27 mulleres) viaxaban ata o Campus Universitario da UDC para poder rematar a tempada, confiando en que o nivel da proba deixara bos rexistros. Non obstante e pese a un bo comezo na xornada matinal con moitas nubes e temperaturas máis propias de marzo, despois de comer a xornada vespertina comezaba cunha enorme treboada que batiría os rexistros de chuvia na cidade herculina. Esta tromba de auga provocaría en primeiro lugar un peor rendemento nas probas que xa se estaban desputando para despois provocar a tolemia na organización. Probas suspendidas a falta de dúas rondas de intentos, aprazamentos da competición de 1 hora e, finalmente; a finalización do Campionato con menos atletas polas condicións e con ata 7 probas canceladas polo estado no que quedou a pista: o triple salto e a xavelina (masculina e feminina) e os outros tres concursos de saltos femininos. Isto provocaría que un total de 21 medallas non chegaran a ser entregadas, deixando ó noso clube e ós nosos atletas con menos opcións de aumentar os rexistros de metais que poderían rozar os máximos históricos.

    Unha vez máis, Agustín Juncal captando dun xeito extraordinario os Campionatos….pase o que pase!

  • En total, serían 15 as medallas conseguidas polos célticos en Coruña, superando incluso deste xeito as 14 do xullo pasado en Pontevedra. Un total de 7 títulos de campión galego levarían as nosas cores, comezando xa na matinal cun sensacional Jose Fernández Nieves na marcha. Unha proba especial para o noso veterán xa que era o unico supervivinte do último Campionato Galego celebrado na cidade de María Pita, hai xusto 20 anos. Unha vez máis estaría flanqueado polo xoven Brais Prieto que conseguiría a medalla de prata. Un ano máis os nosos lanzadores de martelo serían hexemónicos cun novo dobrete a cargo de Ignacio Fernández e Irene Gómez, acompañada por Patricia Correa no segundo caixón. Os lucenses Alicia Merino (100mv) e Adolfo Sainz-Maza (altura) achegarían outros dous ouros ó noso contador, conseguindo co combineiro tamén un bronce na lonxitude; conseguindo Miguel Cajaraville unha vez máis o título no salto con pértega. As medallas de prata restantes serían de Andrea Pais (200), Luís del Río (400) e un sensacional doblete de Gonzalo Basconcelo (1500 e 5000). Completa o cadro de honra celeste o noso capitán Fernando Paredes cun novo bronce no lanzamento de peso. 7 ouros, 6 pratas e 2 bronces para mellorar os rexistros do ano pasado (7-2-5) en cantidade e calidade.

Deste xeito finalizaba a tempada para os atletas máis novos que aínda seguían na categoría cadete e o groso dos que compiten a nivel absoluto, quedando únicamente 4 probas de relevancia polo seu nivel por vir: o Gran Premio Ciudad de Vigo desde domingo, o Campionato de España sub-23 de Soria durante os días 7 e 8; o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Granollers (14 de xullo) e o esperado Campionato de España Absoluto en Getafe (21 e 22 de xullo).

Anterior post

4 medallas dos sub18 en Gijón e notable actuación das junior

Siguiente post

Camino Soria, resultados internacionais e recta final!

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: 3 medallas nacionais para os cadetes e 15 nun Galego Absoluto descafeinado […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *