ActualidadeAs crónicas

21 medallas para a canteira con Récord de España de Antía Sestelo

Consagración dos nosos cadetes e xuveniles nos seus respectivos autonómicos. As categorías base do noso clube, ponte entre a Escola e os equipos absolutos; amosaron a súa forza en Ferrol O Barco, facéndoo ademais con moita calidade.  Este é o resumo deste último fin de semana de maio:

  • Os xuveniles volvían igual que no 2017 a Ferrol para o Campionato Galego sub18 na xornada do sábado 26, conseguindo en total 7 metais. Nos 4 títulos acadados destaca o doblete de Nico García no disco 1’5kg e no peso 5kg, neste último conseguindo a mínima nacional en peso con 14’70. Irene Gómez conseguiría o título no martelo de 3kg cun novo Récord Galego da disciplina, deixándoo en 61’55; acompañada no podio pola súa compañeira de adestramento Patricia Correa que melloraría a súa marca ata os 51’96m que lle darían a plata. Olaia Becerril volvería a voar na lonxitude con 5’84 ventosos (5’83 con vento legal) para levarse o ouro, así como 12’37 nos 100m que lle valeron unha prata e unha mínima nacional na proba. Completaría as pratas Jimena Domínguez nos 400m.

    Irene e Hermida celebrando da mellor forma posible a convocatoria internacional con outro RG

  • Os nosos cadetes tiveron o seu turno o día seguinte desprazándose ata O Barco de Valdeorras para o Campionato Galego sub16. A presencia céltica creceu sensiblemente cun total de 31 participacións e 14 metais, dando un salto considerable de calidade e cantidade respecto ó 2017 no primeiro campionato no que o noso clube participou. Os lanzamentos serían o sector máis importante xa que só neles se conseguiron 9 medallas. No martelo a hexemonía céltica sería indiscutible cos dous títulos no femenino de Lara Tilve (45’89 e 5ª do ránking nacional) e Eric Méndez (recente RG e 1º do ránking) ,quen sería acompañado por David García (prata e MMP e 3º do ránking) e Adrián Gómez (bronce). Jorge Román sería o único ouro que fora dos artefactos coa súa gran carreira no 300 en 36’53, unha MMP que lle sirve para ser 4º do ránking nacional. David García lograría tamén a plata no peso 4kg (13’15 MMP), acompañándoo desta vez no bronce Eric. Os 5 bronces restantes chegarían con Lucía Dopico (100mv) e Erik Fernández (100), atletas que xa contan coa súa mínima nacional; e Samuel Freiria (disco), Martín Barcia (triplo salto) e Pedro Vázquez (1500 obs). Unha xeración que xa destacou co equipo masculino hai unhas semanas e con varias rapazas que a amosaron a súa calidade.

    Algúns dos nosos cadetes presumindo de celtismo en O Barco, acompañados polo adestrador Armando Pereira

  • Sen dúbida en Valdeorras foi a gran protagonista. Antía Sestelo lograba batir o Récord de España sub16 coa xavelina de 500g cun sensacional lanzamento de 46’93, levándose con moita autoridade o título autonómico e liderando do mesmo xeito o ránking nacional. Xa hai unas semanas conseguía o RG en Vila Nova da Cerveira con 46’19, quedando a escasos centímetros do nacional e deixando claro que era cuestión de tempo. A celebración sería doble co seu título no peso 3kg con 11’79, que tamén a sitúan no 1º posto nesa proba do ránking nacional. A progresión da atleta marinense adestrada por Javier López Viñas foi de máis de 10m nun só ano, convertíndose nun dos valores máis destacados da base do noso clube e do atletismo galego. Os nosos parabéns ós dous e que sigan chegando os éxitos.

    Antía posando coa súa sensacional marca en O Barco. Noraboa!

  • Na xornada matinal do domingo en Vigo o equipo benxamín masculino composto por Xian, Brais, Nuno e Hugo conseguía o título provincial no relevo 4×50.

    Manu Ageitos posando orgulloso cos rapaces vencedores en Vigo.

Cos primeiros Campionatos Galegos individuais pechamos un mes de maio no que dende a canteira -varios metais a nivel de clubes nos seus autonómicos- ata os equipos absolutos -clasificándose para as finais do Ascenso- cumplimos os obxectivos marcados. En xuño e comezando polo XII Trofeo Alfonso Posada do venres 1, chegarán o resto de Galegos, as decisivas 3ª Xornada de Liga e os primeiros nacionais. Aquí seguiremos!

Anterior post

Estamos na Final do Ascenso!

Siguiente post

XII Trofeo Alfonso Posada: Inscritos á altura da ocasión

1 Comentario

  1. […] Enlace con la noticia original: 21 medallas para a canteira con Récord de España de Antía Sestelo […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *