ActualidadeAs crónicasNoticias

12 metais no Galego Absoluto, premios e boas actuacións

Un comezo de ano para ilusionarse. Un novo fin de semana os nosos atletas están demostrando que 2018 está chamado a ter grandes alegrías dentro da familia céltica.

  • O sábado durante o transcurso do XXXIII Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta celebrado por primeira vez no recinto de ExpoOurense, a expedición céltica conseguiu 12 metais en total. Ata 5 ouros grazas a Gonzalo Basconcelo (3000), o dobrete de Adolfo Sainz-Maza (60mv e altura) e un novo dobrete na pértiga de Bea Viteri e Miguel Cajaraville. Foron 4 os subcampionatos que chegaron con Andrea Pais (200), Luis del Río (800), Emma Valencia (60mv) e Noel Vega (peso). Completaron o medalleiro celeste Lucía Cardesín (800), Iván Rodríguez (lonxitude) e Uxía Paz (triple). A marca de Luis (1:55:43) supón ademáis a mínima para o Campionato de España indoor sub-23 de Salamanca.

    Parte da representación céltica despois das probas en Expourense

  • Na Gala do Atletismo Galego celebrada en O Barco de Valdeorras, ademáis dos premios xa nomeados na previa recibiron o galardón como Mellor Adestrador Galego Absoluto Atleta Revelación Míster Jose Manuel Hermida e a nosa fichaxe deste ano Irene Gómez. Un galardón que recoñece a labor de Hermida ó fronte do Sector de Lanzamentos, canteira inesgotable de lanzadores para o clube que está vivindo un renacer de alto nivel.

    Irene Gómez, Jose Manuel Hermida e María José Sanromán cos seus premios durante a Gala do Atletismo Galego. Unha auténtica Factoría de éxitos!

  • Eva Queimaño completou o seu tremendo fin de semana – Gala e dúas competicións – cunha nova marca personal en Salamanca, situándose 3ª no ranking nacional cos 3.314pts (844+714+476+598+681) durante o Campionato Autonómico de Probas Combinadas.

    Eva rodeada dos combineiros en Salamanca ao término das probas

  • No Campionato Galego Máster en Pista Cuberta de Ourense os veteráns conseguiron 5 medallas, cos ouros de Pablo Rodríguez (pértega M-35),  Manuel Rodríguez (peso M-65) e Emma Valencia (60mv W-35); e as pratas de Jose María Otero (peso M-45) e Cristina Estévez (60mv W-40)
  • Ata Campo de Criptana (Ciudad Real) desprazáronse os nosos marchadores para participar no Trofeo de Marcha Atlética da cidade manchega. Nos 10km Iria Rivas foi 1ª na categoría sub18 e 3ª absoluta, ademáis de acadar unha nova MMP (53:26) e Brais Prieto rematou en 2ª posición sub20 e 4ª absoluta. Tamén acudiron representando ao Celta Laura e Gabriela Míguez.

    Iria e Brais posando cos seus trofeos en Campo de Criptana.

Rematan así as competicións absolutas de Pista Cuberta a nivel galego, dando paso aos sucesivos Campionatos de categorías onde os nosos atletas buscarán aumentar o número de medallas e mínimas para os nacionais. ¡Sorte!

Anterior post

A previa 12/01: Gala, Absoluto e Veteráns!

Siguiente post

A previa 19/01: Galego Promesa en Coruña e máis controis

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *