ActualidadNoticias

“XI Trofeo Alfonso Posada”. Sempre agradecidos.

Real Club Celta de Atletismo e o Club Atletismo Femenino Celta, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Econocom, Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán conxuntamente o “XI TROFEO ALFONSO POSADA”. Unha nova homenaxe á figura do presidente emérito do Grupo Celta Atletismo, a orixe do atletismo céltico que coñecemos na actualidade. A cita será o vindeiro venres 26 de maio, en horario de tarde nas Pistas de Atletismo de Balaidos (Vigo).

Poderán participar atletas federados con licenza autonómica e nacional, ademáis de atletas estranxeiros. O prazo de inscrición remata o mércores 24 de maio ás 20:00h, haberá limitación de participación en tódalas probas. A organización premiará con premios económicos as tres mellores marcas, tanto en homes como en mulleres.

Consulta tódolos detalles do “XI Trofeo Alfonso Posada” no Regulamento Oficial da competición.

Volveremos vivir outra xornada de atletismo da máxima calidade, que fará as delicias do público e de Alfonso Posada, quen non se perderá a cita. Unha homenaxe, que con tanto agarimo facemos.

¡Esperásmosvos!

Anterior post

Requejo y Chema Martínez vencedores de la Wing for Life en Valencia.

Siguiente post

¡A pola remontada!