Actualidade

XANTAR SOCIAL FUNDACIÓN CELTA DE VIGO

A Fundación Celta de Vigo, entidade colaboradora do CELTA ATLETISMO,  celebrará o vindeiro venres 24 de abril un xantar social no restaurante “Las Siete Torres” dirixido a todo aquel afeccionado ou seguidor que co obxectivo de fomentar o labor social e deportivo da entidade e que converteron á canteira do Real Club Celta de Vigo nun importante referente a nivel nacional.

A Fundación Celta de Vigo leva 17 anos traballando para achegar os valores do deporte á sociedade galega e apoiando ao deporte de base a través de diversas actividades así como a xestión e apoio ás categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo. Neste sentido, os fondos recadados tanto polas reservas como polas achegas á fila cero, serán destinados integramente ao desenvolvemento de novos proxectos que trasladen a filosofía da Fundación e a do Real Club Celta de Vigo.

O principal obxectivo deste acto, ao que asistirán xogadores, corpo técnico e consello de administración do Real Club Celta, é dar a coñecer o labor social, educativa e deportiva da Fundación Celta e recoñecer o apoio daquelas persoas, institucións e empresas sen as que este labor sería imposible.

Anterior post

CÉLTICOS DE OTRA ÉPOCA: Baltasar Silveira

1er-meeting-popular-pista-celta-atletismo
Siguiente post

1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO