ActualidadeNoticias

¡Volve o atletismo máis solidario polo Nadal!

O sábado 23 de decembro o Grupo Celta Atletismo organizará o III Trofeo Solidario de Nadal co apoio de Concello, Deputación, Xunta e Federación Galega de Atletismo e Patrocinadores. Nesta nova edición, a totalidade dos alimentos e xoguetes recollidos será doado á Asociación Benéfica La Sal de la Tierra Cruz Vermella para o seu reparto entre as familias menos favorecidas da nosa cidade.

Unha xornada de atletismo e festa na que nas vésperas do Nadal na que ademáis de desfrutar un Trofeo por e para eles, os máis cativos amosarán o seu lado máis solidario con esta iniciativa. A proba é aberta tanto para atletas federados como aqueles que non o sexan, xa que contaremos co apoio do Comité Galego de Xuíces na realización das probas. Poderán inscribirse todos os atletas nados entre 2003 e 2013 para participar, como máximo, nunha carreira (50m, 60m, 80m, 500m ou 600m) e nun concurso (lonxitude, altura ou peso).

Todos os patrocinadores da proba: sen eles, non sería posible!

Os tres primeiros clasificados de cada proba e categoría recibirán unha medalla e tódolos atletas entrarán no sorteo  de diferentes premios doados polos nosos patrocinadores que iremos desvelando nas vindeiras datas.

Podedes consultar o regulamento completo da proba aquí. ¡Non o dubidedes e uniros á festa máis solidaria deste Nadal!

Anterior post

Sprinter, bienvenidos a nuestra casa.

Siguiente post

Iria Rivas ouro en Guadix e temporal de mínimas en Vila Nova