ActualidadNoticias

Volve a Liga Nacional, comezan os novos desafíos.

Despois dos dous Subcampionatos Galegos logrados o pasado sábado nas pistas de A Malata, os nosos dous equipos célticos xa afrontan un novo desafío, o Campionato Nacional de Clubs de Primeira División.

Manuel Martínez estará de novo nos 3000m obstáculos.

Nesta primeira xornada de Liga, o R.C.Celta, desprázase ata Alcorcón (Madrid) para enfrentarse o domingo 30, en xornada matinal, os anfitrións do Atletismo Alcorcón, o clásico A.A. Moratalaz e os extremeños do Perceiana. Neste primer cuadrangular a igualdade será a protagonista, polo que ata ás últimas probas do programa, non se saberá quen ocupará as dúas primeiras prazas que otorgan unha mellor clasificación de cara a segunda xornada. No apartado de baixas, nos celestes só faltarán por lesión Gustavo Nieves e máis Juan Antonio Pousa, o resto dos integrantes do equipo presentan un fantástico estado de forma e prometen estar o seu mellor nivel. 

Laura Chapela tomará parte nos 200m e no 4x100m.

Por outro lado, o C.A.Femenino Celta viaxa ata a Manga do Mar Menor (Cartagena) nesta primeira xornada. Unha decisión pouco salomónica por parte da Real Federación Española de Atletismo, fai que as nosas teñan que sobrepoñerse a un desprazamento de máis de 1200 kilómetros e competir o máximo nivel. No seu cuadrangular, que terá lugar o sábado 29 pola tarde, enfrentaránse o U.C.A.M de Murcia, as andaluzas do Cueva de Nerja e o C.A. Torrent. As célticas viaxan cun equipo lastrado polas baixas o que fai que as nosas mellores atletas teñan que tirar do carro. Nesta ocasión son baixa, entre outras Beatriz Viteri, María José SanrománAndrea Pais, Eva Queimaño, Laura Santos, Laura Rosende, Celia Pérez e Alice Finot. A pesar de todas estas difilcultades, as nosas presentan un equipo moi competitivo e con opciones de alcanzar unha boa clasificación. 

· CONVOCATORIA:

Comeza unha das nosas competicións favoritas na que, un ano máis e gracias o esforzo e compromiso dos nosos, esperamos poder volver a loitar por estar presentes na Final de Ascenso a División de Honra.

¡Moita sorte e lume!

Anterior post

Dobres Subcampións Galegos Absolutos en Ferrol.

Siguiente post

As célticas titánicas. Os homes a pola remontada.