ActualidadNoticias

Viteri, Valencia, Finot e Pais firman a súa renovación co Femenino

No día de hoxe estamos moi contentos de poder anunciar as renovacións de catro pilares fundamentáis do Femenino Celta: Bea Viteri, Emma Valencia, Alice Finot e Andrea Pais, volverán a vestir a celeste unha temporada máis.

Bea Viteri a nosa referencia no salto con pértiga.

Bea Viteri, na súa sexta temporada como céltica, quere volver a mostrar a súa mellor versión tras unha temporada chea de obstáculos e lesións na que ainda así, foi capaz de clasificarse para o Campionato de España de Pista Cuberta no salto con pértiga. Volverá a ser unha das líderes do equipo feminino. O seu lado estará Emma Valencia, a nosa céltica da cidade das Burgas. Emma, volveu ter outra temporada moi destacada onde tamén demostrou todo o seu compromiso co clube. Participou no Campionato de España Absoluto nos 100mv, apañou varias preseas en Campionatos Nacionais e Internacionais na categoría de veteranos e sobretodo demostrou a súa garra dobrando 110mv e 400mv en dúas xornadas da Liga Nacional de Primeira División. Sen dúbida todo un exemplo.

Emma todo un exemplo para a nosa Canteira.

Por outra banda, e sendo únicamente a súa segunda temporada no clube, queremos destacar a renovación de Alice Finot. A nosa fondista gala, tivo unha progresión espectacular, e ademáis de axudar o equipo nos obstáculos das Ligas Nacionais foi capaz de clasificarse para o Campionato de España Absoluto nos 1500m. Para esta temporada esperamos a súa consolidación na élite nacional.

Alice Finot, orgullosa de ser céltica outro ano máis.

Finalmente, queremos destacar tamén a renovación dunha das nosas máis firmes promesas, Andrea Pais. Nun ano no que tamén as lesións fixeron que tivera un ano moi complicado, Andrea volveu demostrar a súa calidade; de feito na pista cuberta acadou un fantástico 8º posto no Nacional da súa categoría. Xa está traballando para volver a estar entre as mellores.

Andrea Pais, unha das nosas xoias na velocidade.

Estamos moi felices de velas outro ano como célticas.

Anterior post

Miguel, Adolfo e Nico: 3 renovacións en presente con moito futuro

Siguiente post

Non todo é Vigo: Os nosos fóra da Estructura do Clube