ActualidadNoticias

Unha xornada Final de infarto. O C.A.F. Celta e o R.C.Celta seguen sendo de Primeira.

Xa pasaron dous días dende as finais da Liga Nacional e aínda a moitos dos nosos ainda lles tremen as pernas e o corazón segue a mil por hora. Increible o vivido tanto en Burgos como en Madrid, facía moito tempo que tanto  o C.A.F Celta e o R.C. Celta Atletismo non o pasaban tan mal nunha xornada final.

O C.A.F. Celta finaliza sétimo na Primeira División.

O C.A.F. Celta tivo en Burgos a Final de Ascenso a División de Honra da Liga Atletismo. A priori as nosas estaban en condicións de loitar por estar entre os catro primeros equipos de Primeira División ainda que loitar polo ascenso non era unha posibilidade real. O maior exemplo da dureza da final foi que só Nediam Vargas logrou a victoria nos 100m (11.69s) e só houbo dos podiums máis, Olaia Becerril segunda no salto de lonxitude (5.64m) e Raquel Villa terceira no lanzamento de peso (12.22m). Ademáis de pelexar contra as rivas, as nosas sufriron numerosos contratempos que lles fixeron non puntuar en catro probas, sendo finalmente sétimas só por diante da S.G.Pontevedra. A pesar das malas sensacións, o premio para elas xa era estar alí entre os mellores Clubs da categoría. Saiantar o ascenso a División de Honra do Bidezabal Atletismo e o Cueva de Nerja.

O R.C. Celta segue sendo de Primeira.

Pola súa banda o R.C. Celta Atletismo colleu rumbo a Moratalaz (Madrid) para competir pola Permanencia de Primeira División da Liga Atletismo. Xa dende o xoves previo á competición coa relación de inscritos, pronosticábase un encontro a oito moi igualado  no que os pequenos detalles marcarían a diferencia. E non nos equivocamos. Nun principio os nosos aspiraban a rematar entre os tres primeiros equipos do encontro, algo que foi sucendendo ata case que o final da xornada. Sen embargo, a lesión de Miguel Gómez nos 100m e a descalificación de Brais Prieto nos 5000m marcha, fixeron que a ventaxa céltica se fora reducindo sendo quintos a falta dos relevos. A pesar do gran esforzo dos nosos nos relevos máis as victorias de Gonzalo Basconcelo nos 3000m (9.08.05s), Ignacio Fernández no lanzamento de martelo, os segundos postos de Pedro Juncal nos 400m (48.81s. MMP), Fernando Paredes no lanzamento de peso (14.44m) e Noel Vega no lanzamento de disco (42.87m) e os bronces de Luis del Rio nos 800m (1.58.93s) e Adolfo Sáinz-Maza nos 110mv (15.64s), o R.C. Celta rematou a xornada na sétima posición, sendo finalmente o 13º equipo clasificado da Primeira División. Facía moitos anos que a espera das puntuacións finais non era tan dramática e tensa, sen dúbida os célticos pasaron un dos peores momentos da temporada. Os nosos celebraron a permanencia ainda co medo no corpo, a Segunda División estivo moi cerca de visitalos.

Para ambos equipos agora é un momento de reflexión, un tempo no que esperamos que este pequeno paso atrás supoña un maior impulso para vindeiros anos. Toca ver o futuro con optimismo, ¡sodes de Primeira!

Anterior post

Ti a polo Ascenso e eu a pola Permanencia.

Siguiente post

Algún día serán Célticos de División de Honra.