ActualidadNoticias

Unha fin de semana “Guay del Paraguay”.

Esta fin de semana foi un torbellino de éxitos y emocións. Paraguay, Getafe, Elche e Pontevedra foron testigos das fantásticas actuacións dos nosos. Máis concretamente, as nosas xoias do C.A. Femenino Celta foron as verdadeiras raiñas da fin de semana.

Nediam Vargas volveu triunfar coa “Vinotinto”.

Primeiramente miramos cara a Paraguay. Na cidade guaraní de Asunción tivo lugar o Campionato de Sudamericano, onde Nediam Vargas participou como integrante da Selección Venezolana. Nunha fin de semana de moito vento, Nediam participou nos 100m e 200m. Nos 100m partía cun dobre obxetivo, entrar no podium e lograr a marca mínima que lle dese a clasificación para o Campionato do Mundo de Londres. Finalmente, entrou na final pero tivo que conformarse coa 5ª posición (11.34s. +3.4) e lonxe da mínima mundialista. No hectómetro non tivo as mellores sensacións. Sen embargo nos 200m as sensacións foron totalmente opostas. Clasificouse sen problemas para a final, na que nunha carreira moi igualada finalmente alcanzou o terceiro caixón do podium (22.95s. +2.8). Según palabaras da mesama Nediam, non foi o seu mellor campionato pero ven de Paraguay cun bronce e coas sensacións de estar na élite mundial da velocidade feminina.

Olaia Becerril voando en Getafe. Foto: L. Tojal. 

Xa de volta á península, no Campionato de España Juvenil celebrado en Getafe a gran protagonista foi Olaia Becerril. Na noite do domingo, a pupila de Alberto Salgado, proclamábase Campiona de España en salto de lonxitude cun mellor salto de 5.90m, feito ademáis no derradeiro intento. Foi unha tarde máxica na que por fin vimos a Olaia ser feliz na area. Ademáis, Olaia tamén alcanzou as semifinais nos 100m (12.61s) quedándose a un paso de entrar na final. O resto da expedición céltica tamén obtivo moi bos resultados sendo Mar Pérez 4ª no lanzamento de disco (36.15 MMP) e 9ª no lanzamento de peso (10.68m), Eva Queimaño (6ª no heptathlón, 4429 puntos), Nicolás García 7º no lanzamento de disco (48.43m) e Patricia Correa 10ª no lanzamento de martelo (47.21m).

Mar Pérez 4ª de España no disco.

Na cidade levantina de Elche, os nosos “Ilustres” participaron no Campionato de España Veterano destacando unha vez máis Emma Valencia (F35) que fixo dobrete, ouro nos 100mv (15.85s) e prata nos 100m (13.32s), José Fernández (M35) ouro nos 5km marcha (23:01.50s) e Fernando Paredes (M40) ouro no lanzamento de peso (13.74).

Emma Valencia outra “Ilustre” exemplar.

Finalizamos esta crónica en Pontevedra, coa celebración do Campionato de Galicia Junior – Promesa. Nun campionato moi descafeinado provocado polas baixas de moitos atletas e un ambiente xélido nas gradas (a pesar dos 28º de temperatura), os nosos alcazaron un total de 18 metais. Destacamos os dobretes de Laura Chapela ouro nos 100m (12.47s) e 200m (25.98s) e Pedro Juncal ouro nos 200m (22.55s) e prata nos 100m (11.21s) e os outros seis célticos Campións Galegos, Miguel Cajaraville no salto con pértiga (4.22m), Fernando Rábade no salto de lonxitude (6.57m), Laura Santos nos 1500m (4:43.82s), Aida Martínez nos 3000m (11:55.30s), Elvira Okutu no salto de lonxitude (5.26m) e Patricia Verónica Del Río no lanzamento de martelo (37.19m).

Laura Chapela nos 100m da final Promesa.

Pois sí, ¡foi unha fin de semana “Guay del Paraguay”!

Anterior post

Célticos no Hemisferio Norte e no Hemisferio Sur.

Siguiente post

Olaia Becerril e Nicolás García chamados pola "Rojita".