ActualidadNoticias

Un Entroido de Campionato.

Chega o Entroido e con él, unha fin de semana na que os disfraces, comparsas, cocidos e orellas serán os protagonistas, os nosos atletas buscarán tamén ser protagonistas con boas actuacións.

En primeiro lugar, destacamos a participación de Nicolás García no Campionato de España de Lanzamentos Largos Menores. O noso discóbolo, viaxa ata León para enfrentarse os mellores lanzadores de disco en categoría Xuvenil, partirá coa sexta mellor marca.

Na cidade de A Coruña, dispútase o Campionato de Galicia de Pista Cuberta Xuvenil – Junior (agás probas de fondo). Na cidade herculina, catorce atletas celestes competirán contra os mellores atletas de Galicia en ambalas dúas categorías. Estaremos moi atentos as actuacións de Kevin Barcia, Antón Fernández, Luis del Rio en homes e de Olaia Becerril, Ruth Carrera e Uxía Paz en mulleres.

Por outra banda, na cidade do Lérez, terá lugar o Campionato de Galicia de Lanzamentos Largos. Tamén alí haberá unha nutrida participación dos nosos, destacando a presenza de María José Sanromán, Patricia Verónica, Ignacio Fernández, Noel Vega, Jonathan Correa, Víctor Pérez e José María Otero. 

Por último, ainda que non menos importante, o domingo viviremos en Vigo o “II Trofeo de Entroido en pista Celta Atletismo”. Os máis de 500 atletas inscritos, o gran programa de probas, o día soleado e o tradicional “Pintacaras” farán que esta segunda edición volva a facer as delicias dos máis pequenos. ¡Xa non podemos esperar máis!

“¡Carnaval, Carnaval, Carnavaaaaaaaaal, Carnvaaaaaaaaal te quiero…!”

Anterior post

Espectacular Campionato, Basconcelo e Viteri estiveron alí.

Siguiente post

Disfraces, cocido, orejas y triunfos célticos.