ActualidadNoticias

Turno para os Juniors en Granollers.

Unha nova fin de semana na que voltamos á carga cun Campionato de España. Desta volta son os nosos Junior os que viaxan ata Granollers a defender o celeste. Pero non vai ser o único punto de atención para nós, a estas alturas a actividade atlética é frenética.

Luis del Río fará os 800m en Granollers.

Granollers será a sede do Campionato de España Junior, onde seis dos nosos atletas participarán para dar o mellor. Luis Del Río (800m), Brais Prieto (10km marcha), Laura Santos (1500m), Elvira Okutu (salto de lonxitude), Andrea Pais (200m) e Raquel Arias (100m) forman a expedición céltica que nos representarán. Brais Prieto será a nosa principal punta de lanza, e intentará subirse unha vez máis ao caixón.
Xa na casa, os nosos queiman os últimos cartuchos para obter mínimas para o Nacional Absoluto e Galego, ou, en calquera caso, testar o seu estado de forma. Pontevedra, Maia e Vigo serán os escenarios, e Beatriz Viteri, Nediam Vargas, Gonzalo Basconcelo ou Olaia Becerril os nosos principais protagonistas, entre outros moitos.
¡Forza a tod@s neste final de temporada!
Anterior post

Adolfo Sáinz-Maza cólgase o Bronce en Torrent.

Siguiente post

Brais Prieto o noso mellor Junior en Granollers.