O Trofeo Alfonso Posada naceu no ano 2007 para homenaxear ó histórico adestrador, cronista e precursor do atletismo vigués e galego. Cada edición en torno ao mes de xuño, os mellores atletas galegos (cunha considerable presenza doutros atletas de élite portugueses ou españois) cítase neste meeting organizado polo Celta Atletismo.

 

Alfonso Posada Sánchez (Vigo, 1931) iniciouse de xeito precoz como xuíz (con tan só 14 anos) dando os pasos necesarios para, preto de 1950, poder revitalizar o Celta Atletismo, clube fundado en 1924 por Manuel e Fernando de Castro. Durante toda a súa traxectoria exerceu como adestrador (destacando figuras como Carlos Pérez e Ramón Magariños), delegado, directivo e presidente do clube. Ademais, foi o principal cronista atlético de Faro de Vigo, firmando sempre baixo o alcume de G. Reyes

Na súa primeira década de vida, o Trofeo convertiuse nunha das citas máis prestixiosas do calendario nesas datas, acudindo atletas de todo o noroeste peninsular ás pistas de Balaídos.

O Programa de esta edición aquí.

Enlace Facebook do Evento.

Os récords das probas que se disputan nesta edición son os seguintes:

100m.l.
Adrian Perez Souto 10.65s 26/05/2017
Nediam Nori Vargas Arteaga 11.63s 26/05/2017 

100m.v.
Virginia Villar Soria 14.66s 01/07/2010 

400m.l.
Jessica Rial Vazquez 58,35s 29/06/2016
Pedro Juncal Otero 49.28s 01/06/2018 

1500m.l.
Adrian Ben Montenegro 3:48.86s 03/06/2015
Esther Navarrete Santana 4:24.62s 03/06/2015 

Lanzamento de Martelo.
Andreia Venade 53.47m 01/06/2018 

Lanzamento de Disco.
Frank Yennifer Casañas Hernandez 62.76m 28/05/2014 

Salto de Lonxitude.
Iria Forjan Oliveira 5,95m 29/06/2016
Jean Marie Okutu Kouletio 7.85m 03/06/2015 

Salto con Pértega:
Sergio Telleria Fernandez 4.82m 28/05/2014
Beatriz Viteri Bouso 3.61m 28/05/2014 

Lanzamiento de Xabalina
Lidia Parada Santos 57.30m 29/06/2016

Podedes consultar o histórico do trofeo:

  • I Trofeo Alfonso Posada, 12 de xullo do 2007
  • II Trofeo Alfonso Posada, 3 de xullo do 2008. Resultados.
  • III Trofeo Alfonso Posada, 2 de xullo do 2009. Resultados.
  • IV Trofeo Alfonso Posada, 1 de xullo do 2010. Resultados.
  • V Trofeo Alfonso Posada, 29 de xuño do 2011. Resultados.
  • VI Trofeo Alfonso Posada – Control Técnico RFEA, 13 de xuño do 2012. Resultados.
  • VII Trofeo Alfonso Posada, 27 de xuño do 2013. Resultados.
  • VIII Trofeo Alfonso Posada, 28 de maio do 2014. Resultados
  • IX Trofeo Alfonso Posada, 3 de xuño do 2015. Resultados.
  • X Trofeo Alfonso Posada, 29 de xuño do 2016. Resultados.
  • XI Trofeo Alfonso Posada, 26 de maio do 2017. Resultados.
  • XII Trofeo Alfonso Posada, 1 de xuño do 2018. Resultados. Galería.
  • XIII Trofeo Alfonso Posada, 13 de xullo do 2019. Programa.