ActualidadNoticias

Ti, o tartán e o crono… ¿Atréveste?

O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Econocom, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán o vindeiro 8 de abril o “III MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”. Será a terceira edición dunha competición na que, como organizadores, pretendemos achegar ás pistas de atletismo os atletas populares e as súas familias, deixando por un día o asfalto polo tartán.
A competición estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial. Haberá cronometraxe eléctrica controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
  • Inscricións: A inscrición farase a través do enlace www.carreirasgalegas.com.
    O prazo de inscrición rematará o xoves 6 de abril ás 20:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de prazo.
  • Entrega do dorsal: Os dorsais recolleranse na zona de secretaría da pista o mesmo día da competición, cunha hora de antelación sobre a proba na que se participe.
  • Horario:
10:00 h. 500m. INFANTIL M – H.
10:20 h. 500m. ALEVÍN M – H.
10:40 h. 500m. BENXAMÍN M – H. ¿XOGAS O ATLETISMO?.
11:00 h. 100 m. PRE-BEXAMÍN M – H.
11:20 h. 600 m. CADETE M – H.
11:40 h. Milla. XUV. ata VET. MULLERES.
12:00 h. Milla. XUV. ata VET. HOMES.
12:30 h. ENTREGA DE PREMIOS.
Entregarase trofeo o 1º clasificado e medallas o 2º e 3º clasificado de cada proba e categoría. Todos os atletas de categoría pre-benxamín recibirán unha medalla conmemorativa da proba. Ademáis, entregaranse outros agasallos doados polos patrocinadores da competición.
¡Esperámosvos na terceira edición do noso Meeting Popular!
Anterior post

Segunda avaliación da Escola Celta Atletismo: Sobresaínte.

Siguiente post

Meeting Popular, Galego de Combinadas e Gala do Atletismo. Axenda completa.