ActualidadNoticias

Ti a polo Ascenso e eu a pola Permanencia.

O C.A.F. Celta estará na Final de Ascenso a División de Honra.

Chegou a hora. Despois de dúas xornadas de Liga, miles de kilómetros, ledicas e tristuras o C.A. Femenino Celta e mailo R.C. Celta Atletismo xóganse o seu futuro no Campionato Nacional de Club de Primeira División que terá lugar este próximo sábado 10 de xuño.

As nosas “Guerreiras” desprázanse ata Burgos (Pista de Atletismo Purificación Santamarta) para desputar a Final de Ascenso a División de Honra. Nun encontro a oito, competirán contras as locais do Image FDR, Cueva de Nerja-UMA, S.G.Pontevedra, Bidezábal Atletismo, ISS-L´Hospitalet, Univ. León Sprint Atletismo e Atletismo Alcorcón. Os dous primeiros equipos con mellor puntuación, contando as tres xornadas de Liga ascenderán a máxima categoría do atletismo nacional en pista de clubs. O Femenino parte coa sexta mellor puntuación de tódolos equipos e, ainda que se será moi dificil, intentarán estar entre os catro mellores equipos da Primeira División. Equipo para facelo teñen, sen dúbida. ¡A por elas!. 

· Convocatoria: 

O R.C. Celta tócalle probar o sabor amargo da Final pola Permanencia.

Pola súa contra, ós homes este ano tócalles probar algo o que non están acostumados nos últimos anos, xogarse un posto na categoría de prata na sempre difícil Final pola Permanencia. O cara a cruz da Primeira División será en Moratalaz (Polideportivo Moratalaz) sendo os anfitrións do A.A. MoratalazCEA Tenerife 1984, El Correr El Garbí, J.A. Sabadell, Super Amara, Lleida U.A e U.C.A.M os rivais. Ainda que parten coa 9ª mellor puntuación e é de supoñer que non terán problemas para manter a categoría, os nosos van dar o mellor de sí para manter o noveno posto e acadar as máximas victorias posibles. Saben que o seu posto non está na Permanencia, pero este ano é o que toca, a pista pon a cada un no seu lugar. ¡Lume!.

· Convocatoria: 

A Escola Celta Atletismo presentará 24 inscritos no Galego Individual.

Mentres que os maiores van dar todo polo noso escudo en La Liga Atletismo, os nosos pequenos da Escola Celta Atletismo, competirán o domingo no Campionato de Galicia Benxamín, Alevín e Infantil desta vez na Pista de Atletismo de Balaidos (Vigo). A representación céltica vaise ata os 24 inscritos o que supón unha barbaridade para unha Escola con menos de dous anos de vida. Será a mellor maneira de rematar un ano de pleno crecemento e consolidación. Parabéns a todos os membros da Escola Celta Atletismo por un ano de dez. ¡Bravo!

Anterior post

I Campus Multideporte Celta Atletismo.

Siguiente post

Unha xornada Final de infarto. O C.A.F. Celta e o R.C.Celta seguen sendo de Primeira.