ActualidadNoticias

Suspensión do Control de Expourense do día 30. Comunicado dos clubes organizadores.

Despois dos numerosos problemas atopados a nivel loxístico e económico por parte dos clubes organizadores, vémonos obrigados a suspender o contro de marcas previsto para este sábado 30 na pista de Expourense. Dende o Grupo Celta Atletismo agradecer a resposta recibida por atletas de toda Galicia, Portugal e Castilla y León, así como o traballo e esforzo do Coruña Comarca, o Club Atletismo Santiago e a Sociedade Gimnástica de Pontevedra.

Seguiremos traballando para poder ofrecer probas organizadas entre varios clubes para beneficio de todo o atletismo galego. Pregamos a vosa comprensión ante as adversidades que atopamos e que aceptedes as nosas desculpas.

Anterior post

Éxito no Trofeo Solidario e dúas novas mínimas nos controis polo Nadal

Siguiente post

Os debemos una explicación. 2º comunicado sobre Expourense.