ActualidadNoticias

Sir “Franchu” no Mundial de Londres e Pontevedra epicentro do Atletismo Galego.

Xa se alviscan os penúltimos coletazos desta tempada 16-17, e con eles a gran cita do atletismo galego máis unha nova internacionalidade moi especial para todos nós.

Unha vez máis dirixímonos cara Pontevedra, para a disputa do XLIX Campionato Galego Absoluto Feminino e LXXXIV Campionato Galego Absoluto Masculino, onde novamente seremos un dos clubes con maior representación, con algo máis de 40 atletas. Non perderemos de vista as actuacións de atletas como Pedro Juncal, Beatriz Viteri, Miguel Cajaraville, Olaia Becerril, Nacho Fernández, Laura Chapela ou Gonzalo Basconcelo. Estes, e moitos máis célticos de seguro nos van deixar ver grandes actuacións.

“Franchu” estará no Mundial FEDDI de Londres.

Como colofón, diriximos as nosas forzas e os nosos ánimos cara as illas británicas, xa que Francisco Pérez participará coa Selección Española FEDDI no Mundial Paralímpico que se celebrará en Londres dende o 14 ao 19 deste mes. O noso “Franchu”, gañouse unha praza coa “Roja”, tanto en lonxitude coma no triplo salto, e nós estaremos moi atentos a como transcorre o seu campionato.
¡Moita sorte e lume!
Anterior post

Brais Prieto o noso mellor Junior en Granollers.

Siguiente post

O Celta Atletismo apaña 14 metais no Campionato de Galicia Absoluto.