ActualidadNoticias

Seis célticos camiño de Gallur.

Continuamos semana tras semana cargados de competicións, desta vez é o turno para o Campionato de España Promesa de Pista Cuberta, o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos e o Autonómico de Marcha en Ruta.

Xa de camiño temos aos nosos promesas en dirección Madrid, ata a capital mandamos unha representación de case tódolos sectores. Son seis os atletas que competirán, Celia Pérez (3000m), Laura Chapela (200m), Pedro Juncal (400m), Miguel Cajaraville (pértiga), Fernando Rábade (lonxitude) e Adolfo Sáinz-Maza (heptathlon) son os atletas que vestirán as nosas cores na pista cuberta de Gallur. Todos eles levan a intención de mellorar as súas marcas da temporada en pista cuberta e optar a postos de finalistas nas súas respectivas probas.
Máis cerquiña xa, en Pontevedra, teremos o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Cadete e Xuvenil e Pentathlon Veterano de Lanzamentos, once son os nosos atletas que compiten nas pistas do CGTD de Pontevedra, dos que Nicolás Garcia e Ignacio Fernández serán un dos máis destacados do campionato.

Adolfo e Miguel, loitarán por estar preto do pódium.

Xa para rematar, o domingo dispútase no Concello da Pobra do Caramiñal o Campionato de Galicia de Marcha en Ruta. Brais Prieto, José Fenández e Gabriela Míguez serán os nosos os célticos en liza.
Por outra banda, un bo feixe dos nosos atletas repartiranse o longo da fin de semana, entre a I Xornada do Circuito de Atletismo en Pista que se celebra en Pontevedra e o Campionato Provinvial de Campo a Través, que terá lugar o domingo, aproveitando a celebración do XL Trofeo de Campo a Través de San Miguel de Oia e, no que a nosa Escola, presenta varios equipos e representantes individuais.
¡Sorte para todos, o luns esperamos volver con boas novas!
Anterior post

Chuvia de medallas e temporal de emocións en Riazor.

Siguiente post

Adolfo Sáinz - Plata, volve a estar entre os mellores.