ActualidadNoticias

¡Os nosos Sectores, a nosa Estructura!

Son xunto coa Escola Celta Atletismo, a parte máis importante do presente e do futuro do noso clube. Atletas que adestran a diario cos nosos adestradores, criados na maioría dos casos nas pistas de Balaídos dentro do noso clube. Os Sectores de Entrenamiento do Celta abarcan todas as probas e permiten ter uns adestramentos ás ordes dun técnico de primeiro nivel e cun grupo acorde ás necesidades do atleta.

  • Velocidade 1 e Saltos Horizontais con Alberto Salgado: Ás ordes do antigo saltador do clube este é un dos grupos con máis anos nas pistas. Destacan dentro do mesmo a xa nomeada e medallista internacional Olaia Becerril ou ilustres veteráns do equipo masculino como Alberto Elena Fernando Rábade. Xunto con eles tamén entrena a nosa velocista estrela Nediam Vargas.

Iván Carnero, Alberto Elena, Rodrigo , Fernando Rábade, Uxía Paz, Olaia Becerril, Nediam Vargas e Carmen

  • Velocidade 2 e Medio Fondo 1 con Francisco Rodríguez: Co noso técnico andaluz atopamos un dos grupos máis novos en idade e heteroxéneos nas probas. Dende velocistas e vallistas xa consagrados a nivel nacional como Pedro Juncal, Raquel Arias ou Xose Fernández a promesas que xa debutaron con nós nas Ligas como Ruth Fernández ou Jimena Domínguez.

Unha representación do “Al Andalús Team” renovando

  • Medio Fondo 2 e Fondo con Manu Ageitos: O grupo máis recoñecible nas rúas polas súas participacións en probas fóra da pista. Co seu adestrador aínda competindo con eles, completan este grupo primeiras espadas do noso equipo como Gonzalo Basconcelo ou Alice Finot.

Iago Nava, Gonzalo Basconcelo, Santiago Troitiño, Carlos García, Laura Rosende, Celia Pérez, Alice Finot e Verónica del Río

  • Combinadas e Saltos Horizontais con David Gómez: Ás ordes do noso olímpico máis ilustre temos a atletas que xa destacaron a nivel nacional como Miguel Cajaraville Eva Queimaño.

Cándido Acuña, Cristina Estévez, Karolina Puchmertlova, Lucía Dopico, Lara e Ana Juncal

  • Lanzamentos con Jose Manuel Hermida: Un grupo con máis de 30 anos de experiencia nos lanzamentos e 100 medallas a nivel nacional. Na Factoría Hermida temos a algúns veteráns do clube como Noel Vega e Elena Estévez ou promesas xa consolidadas como Mar Pérez Patricia Correa.

Mar Pérez, Noel Vega, Irene Gómez, Elena Estévez, Erik, Eric Méndez, Lara e Samu Araújo adestran a diario na Factoría.

  • Marcha con Armando Pereira: Un grupo de recente creación no que baixo á supervisión do antigo marchador e directivo do club Jose Casal aspira a volver a sitúar ós marchadores célticos entre os mellores de España.

Estes son algúns dos exemplos da gran familia céltica que adestran a diario nas Pistas de Balaídos e que forman parte dun dos nosos orgullos: a nosa canteira.

Anterior post

Non todo é Vigo: Os nosos fóra da Estructura do Clube

Siguiente post

Caras novas e despedidas nos homes para a nova tempada