ActualidadNoticias

Os célticos homenaxean na pista a Alfonso Posada.

Foi éste un fin de semana onde as emocións e as boas actuacións dos atletas célticos foron as protagonistas.

Sempre argadecidos a Alfonso.

Comezamos co “XI Trofeo Alfonso Posada”, competición que cada ano rinde homenaxe o presidente emérito do Club, D. Alfonso Posada. Na tarde do pasado venres, o Grupo Celta Atletismo organizou con todo o seu agarimo unha competición que estivo a altura da personaxe que homenaxeaba. Con máis de 170 inscritos e un clima moi agradable, o público puido gozar dun bo espectáculo onde destacaron varios nomes propios. En categoría masculina as tres mellores marcas do Trofeo foron para Jean Marie Okutu (salto de lonxitude, 7.66m), Javier Pérez Souto (100m, 10.65s) e Gonzalo Basconcelo (800m, 1:52.96s), mentres que por parte das féminas Nediam Vargas (100m, 11.63s), Leticia Fernández (800m, 2:12.52s) e Olaia G. Becerril (salto de lonxitude, 5.78m) leváronse o premio as tres mellores marcas. Ademáis destes seis nomes, destacamos outras actuacións dos nosos que lle deron o Trofeo Alfonso Posada un valor ainda maior; Pedro Juncal levouse a victoria nos 400m con MMP (49.37s), Luis del Río, que segue mostrando un estado de forma espectacular, logrou o segundo posto nos 800m con MMP incluída (1:54.76s), Miguel Cajaraville volveu a gañar na súa casa no salto con pértega (4.55m), Fernando Rábade que foi segundo no salto de lonxitude mellorando a súa MMP (6,79m), Patricia Correa no lanzamento de martelo volveu a mellorar o seu rexistro persoal (51.68m), sendo segunda por detrás da Record Woman Galega na categoría cadete de lanzamento de martelo Irene Gómez (54.81m) e  por último Ignacio Fernánadez que venceu no lanzamento de martelo (58.26m). Foi unha bonita festa do atletismo galego no que Alfonso volveu a gozar dende o seu sitio favorito, a sala de locución.

Podium de estrelas no “XI Trofeo Alfonso Posada”.

O día seguinte os nosos pequenos da Escola Celta Atletismo viaxaron ata o Barco de Valdeorras para participar no Campionato de Galicia de Clubs nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil. Os nosos presentaron 5 equipos, un total del 50 atletas dirixidos fantásticamente por Sara Portabales, Francisco Rodríguez e Manuel Martínez. Foi unha xornada onde destacou o bo ambiente e a diversión, onde os nosos pequenos e os non tan pequenos, gozaron do atletismo de canteira. Como resultado máis destacado, levamos unha gran alegría coa victoria do equipo Infantil Masculino, a guinda do pastel dun día perfecto.

O Infantiles homes venceron en O Barco.

Pola súa banda, os “combineros” do Club foron ata a Cidade do Lérez para disputar durante toda a fin de semana o Campionato de Galicia de Probas Combinadas. Tres foron os atletas célticos inscritos que coma sempre, rendiron a un gran nivel. Eva Queimaño levouse o título na categoría Juvenil con MMP incluída (4385 puntos) mentres que Adoldo Sáinz-Maza foi bronce no Decathlon Absoluto (6127 puntos). Destacamos tamén a actuación de Karolina Puchmertlova, segunda no Heptathlon Absoluto (participou fora de concurso) destrozando a súa MMP e superando a barreira dos 4000 puntos (4093 puntos).

Os nosos atletas máis completos en Pontevedra.

Xa o domingo, os nosos “Ilustres” no faltaron a cita do Campionato Galego Veterano que se celebraba en Ourense. Sete “Ilustres” foron da partida, destacando as medallas de Ouro na súas respectivas categorías de Manuel Rodríguez (peso, disco e martelo), José María Otero (peso e disco), Noel Vega (peso e disco), Ignacio Fernández (martelo) e Emma Valencia (400mv). Un total de 10 ouros que sumaron a outros 4 metais, 14 metais “Ilustres”.

Por último, queremos destacar a participación de Francisco Pérez no Campionato de España FEDDI que tivo lugar en Huelva. “Franchu” fíxose co Ouro nos 110mv con MMT (15.86s), 400mv e triple salt0 (12.26m). ¡Fantástico triplete!

Triplete de Ouros de “Franchu” en Huelva.

¡Parabéns a todos! Foi unha fin de semana na que os éxitos dos nosos quixeron rendir unha sincera homenaxe a figura de D. Alfonso Posada.

Anterior post

Competicións e emocións para todos os nosos.

Siguiente post

A Coruña, Ferrol e Salamanca citas célticas da fin de semana.