ActualidadNoticias

Olaia e Eva: As nosas promesas internacionais tamén renovan

Olaia Becerril Eva Queimaño compaxinarán a celeste e “La Roja”. As nosas dúas atletas que debutaron coa selección española nas categorías inferiores a tempada pasada renovaron esta semana afianzando o futuro do clube. Deste xeito a velocista e saltadora discípula de Alberto Salgado e a “combinera” de David Gómez consolídanse como dous dos referentes e exemplos da nosa canteira.

Eva e Olaia dúas das nosas xoias.

As canteiranas lembran que “a temporada pasada foi moi boa a nivel de resultados, pero este ano aspiramos a melloralos”. Ao mesmo tempo, móstranse “con ganas de que cheguen as Ligas de Clubes para poder pelexar seriamente polo ascenso”.

Eva Queimaño entusiasmada coa sua renovación

Eva debutou coa selección nacional de combinadas nun encontro en Pombal (Portugal) o pasado mes de marzo. Olaia pola súa parte debutou primeiro en Ávila na Copa Ibérica Juvenil. Semanas despois en Gyor saltou uns estratosféricos 6.15m que lle valeron a prata no Festival Europeo da Xuventude en xullo. Por outra banda, ambalas dúas acadaron dúas medallas en Campionatos Nacionais. Eva co seu bronce no pentatlón do Campionato de España Juvenil en Pista Cuberta e Olaia co seu fantástisco ouro no salto de lonxitude no nacional o aire libre tamén en categoría Juvenil.

Unha camiseta….para toda a vida

Anterior post

Martillero de Honor con Nacho Fernández

Siguiente post

Asamblea Xeral e Cea Céltica o venres 27 de outubro