ActualidadNoticias

Olaia Becerril e Nicolás García chamados pola “Rojita”.

Olaia Becerril recente Campiona de España Juvenil de lonxitude. Foto: L. Tojal.

Esta fin de semana, dous dos nosos atletas con maior futuro, estrearán internacionalidade coa Selección Española RFEA na Copa Ibérica Juvenil que terá lugar na cidade castelo-leonesa de Ávila. Por parte do C.A. Femenino Celta, Olaia Becerril foi seleccionada no salto de lonxitude e Nicolás García do R.C. Celta Atletismo no lanzamento de disco. Será o seu estreo coa “Rojita”, esperamos que a primeira chamada de moitas.

Como é característico, neste mes de xullo acumúlanse os Campionatos Nacionais. Murcia e Torrent acollerán sendos Campionatos de España. Na primeira delas tres dos nosos Cadetes da Escola Celta Atletismo buscarán unha boa clasificación e mellorar os seus rexistros do ano, ademáis sumar unha experiencia máis na súa curta carreira coma célticos. David García (lanzamento de martelo), Eric Méndez (lanzamento de martelo) e Antía Sestelo (lanzamento de jabalina e martelo) serán os nosos representantes.

Adolfo Sáinz – Maza buscará a medalla na combinada.

Seguindo no levante, neste caso na cidade valenciana de Torrent, celebrarase o Campionato de España Promesa. Catro célticos acadaron as marcas mínimas requeridas, Pedro Juncal (400m), Miguel Cajaraville (salto con pértega), Adolfo Sáinz-Maza (Decathlón) e Celia Pérez (1500m). As nosas mellores opcións recaen na figura de Adolfo, que intentará estar de novo nun podium nacional na combinada.

¡Moita sorte a todos!

Anterior post

Unha fin de semana "Guay del Paraguay".

Siguiente post

Adolfo Sáinz-Maza cólgase o Bronce en Torrent.