ActualidadNoticias

Olaia Becerril deixa unha pegada de 6.15m en Györ.

A día de hoxe todavía seguimos chorando de alegría polo vivido nos últimos días, onde Olaia Becerril e Ignacio Fernández foron sen dúbida os grandes protagonistas dun dos últimos fines de semana atléticos da temporada estival.

Olaia Becerril, prata no salto de lonxitude no FOJE. Foto: COE.

Comezando polo máis recente, onte no día da Patria Galega, a nosa Olaia Becerril deunos unha das maiores alegrías dos últimos anos. Na cidade húngara de Györ, estase a celebrar o Festival Olímpico de Juventude Europea (FOJE), unha competición de recente creación, na que os mellores deportistas europeos en idade sub-17 compiten entre eles en diferentes modalidades deportivas. Este pasado luns, Olaia tomou parte da ronda clasificatoria do salto de lonxitude; a pesares de non ter as mellores sensacións, a nosa xoia acadou o pase a final cun mellor salto de 5.58m. Final que tivo lugar no día de onte, 25 de xullo Día de Galicia, e na que Olaia puso o a súa sangue galega e o seu corazón celeste na órbita europea. Nunha final moi complexa, na que as ráfagas de vento superaron os 4 m/s, Olaia fixo o mellor concurso da súa vida, superando en dúas ocasións a barreira dos 6 metros e logrando a medalla de prata cuns extratosféricos 6.15m (+4.1), sendo superada únicamente pola medalla de ouro a austriaca Ingeborg Gruenwald cun mellor salto de 6.23m (+4.2). Na súa segunda convocatoria coa Selección RFEA, Olaia acada a súa primeira medalla internacional, algo que está o alcance de moi poucos. Moitas felicidades para ela e para Alberto Salgado e Sara Portabales os seus mentores e adestradores.

Ignacio Fernández, 5º de España en lanzamento de martelo.

Revovinando un chisquiño máis, ímonos ata o Campionato de España Absoluto celebrado na cidade Condal. Na pista de Serrahima, catro atletas célticos participaron da gran cita do atletismo nacional en pista o aire libre. Nesta ocasión, o papel protagonista foi para Ignacio Fernández quen volvía a un Nacional Absoluto e o facía cun fantástico quinto posto no lanzamneto de martelo (60.63m). Pola súa banda, Emma Valencia nos 100mv faría a mellor marca da temporada (14.81s) e tanto Gonzalo Basconcelo como Alice Finot, pelexaron ata o final nas súas respectivas semifinais ainda que non tiveron opcions de acceder as duras finais dos 1500m.

Non paramos de ter grandes novas cada fin de semana, podemos dicir sen medo a trabucarnos que esta temporada esta sendo unha das mellores dos últimos anos, sobretodo polas grandes actuacións individuais de moitos dos nosos atletas; e ainda temos que mirar cara a Londres…

Anterior post

¡Lumeeee en Serrahima e Györ!

Siguiente post

¡Mundial Iron Maiden Vargas!