ActualidadNoticias

O futuro e voso.

Nediam Vargas brilou en Salamanca.

O sábado a velocidade e a marcha atlética foros as protagonistas. Por un lado, Nediam Vargas desplazábase ata Salamanca para tomar parte nas series de 100 e 200m do XX Trofeo Internacional de Salamanca – Memorial Carlos Gil. Nunha trade para enmarcar, Nediam lograría a victoria nos 100m con MMP incluida 11.35s e a segunda posición nos 200m cun fantásticos 23.46s ainda que ventosos. A nosa caraqueña mostra cada día un mellor estado de forma, o Mundial de Londres deste verán parace cada vez máis preto.

En A Coruña, Brais Prieto tomou parte do Trofeo Josefina Romero que tivo lugar paralelamente o XXI GP Cantones de Marcha. Rematou segundo nos 5000m por detrás de Alex Novás, cun tempo de 23:04s sendo ésta a súa MMP na distancia. Brais ten tódalas papeletas para ser titular na vindeira xornada de La Liga Atletismo.

Os Cadetes e Juveniles en A Malata.

Finalmente en xornada dominical, os nosos Cadetes e Juveniles participaron no Campionato Galego en Pista o aire libre celebardo Ferrol. Un total de 23 atletas do Grupo Celta Atletismo foron os nosos representantes, sendo protagonistas do campionato e traendo para Casa Celta un total de 14 metais. Destacamos os Ouros de Olaia Becerril nos 100m (12.19s) e no salto de lonxitude (5.75m), Lara Fernández no salto con pértega (2.65m), Uxía Paz no triple salto (10.67m), Patricia Correa no lanzamento de martelo (50.85m), Nicolás García en lanzamento de disco (46.42m) e lanzamento de martelo (51.81m) e David García en lanzamento de martelo (44.44m). Oito Campions Galegos flanqueados por catro Pratas e dous Bronces.

¡Parabéns a todos, o futuro e voso!

Anterior post

A Coruña, Ferrol e Salamanca citas célticas da fin de semana.

Siguiente post

I Campus Multideporte Celta Atletismo.