ActualidadNoticias

Non todo é Vigo: Os nosos fóra da Estructura do Clube

Os distintos sectores dentro da estructura do Celta Atletismo (equipos masculino, femenino e a Escola de categorías inferiores) permiten ós nosos atletas entrenar diariamente nas viguesas pistas de Balaídos. Pero o noso equipo chega moito máis lonxe, seguindo a máxima de ser o primeiro equipo galego en homes e mulleres. Estes son algúns dos nosos atletas máis destacados que, malia non estar cos adestradores do clube, forman parte do mesmo estando perfectamente integrados:

  • Franchu Pérez e Sergio Tellería: Dous atletas veteráns xa dentro do club que adestran tamén en Vigo. Sergio leva moitos anos sendo un dos atletas que máis puntos consegue nas Ligas grazas ó salto con pértega e Fran é un habitual nos Campionatos do Mundo para discapacitados, como o son tamén as súas medallas nestes eventos internacionais.

Tellería e Fran continuarán coa celeste.

  • Laura Chapela e Luis do Río: Dende Compostela estes dous estudantes de Dereito son un exemplo paradigmático de integración e bo rollo co resto do grupo. Laura leva enrolada moitos anos xa no Femenino Celta sendo unha habitual nos Campionatos Nacionais e unha das veteranas máis ilustres deste equipo tan xoven. Pola súa banda Luis malia ser novato o ano pasado adaptouse moi pronto á disciplina céltica e dende a capital galega adestra para seguir medrando e mellorando os seus resultados.

Os nosos xuristas máis destacados seguirán coa celeste dende Compostela

  • Elvira Okutu, Brais Prieto e Laura Meira: Dende Pontevedra as nosas saltadora e lanzadora levan xa varios anos aportando puntos e participando a nivel nacional en distintos Campionatos, mentres que o marchador é un medallista habitual nos campionatos do seu sector.

Sempre risueña Elvira Okutu competindo.

  • Jose Antonio Requejo e Gus Nieves: Malia adestrar e vivir en Ourense e Madrid, son dúas das nosas caras máis recoñecidas. O ultrafondista é un dos mellores atletas nacionais da súa disciplina, mentres que Gus debutou como céltico nas Paraolimpiadas de Sidney, repetindo en dúas ocasións máis sendo a última no 2012.

Gustavo Nieves nos XXPP de Londres 2012. En Río acudiu na proba de Maratón pero non puido rematala

En resumo, atletas de grandísimo nivel xa constatado que seguen apostando por formar parte da familia céltica dende a distancia. Un auténtico exemplo de afouteza e corazón malia non ser ser canteiráns moitos deles!

Anterior post

Viteri, Valencia, Finot e Pais firman a súa renovación co Femenino

Siguiente post

¡Os nosos Sectores, a nosa Estructura!