ActualidadNoticias

¡Mundial Iron Maiden Vargas!

Xa pasaron uns anos dende a última participación dun céltico nunha competición do máximo nivel como é un Mundial de Atletismo. Londres será o lugar onde teremos a oportunidade de volver sentir as nosas cores, aínda que sexa con outra elástica, competindo coas top mundiais. Aínda que moitos xa sabedes de quen falamos, a nosa atleta en Londres será a velocista caraqueña Nediam Vargas, que despois dun gran ano e de conseguir a mínima no 200m , preséntase no Mundial de Atletismo cos pés na terra, e sabedora do gran nivel das súas opoñentes. Será mañá martes ás 20:00 horas cando salte por primeira vez ao tartán do Estadio Olímpico da capital británica.
Dende a nosa casa, que tamén é a súa, mandámoslle toda a forza da familia céltica, así que, “a echarle pichón” Nediam!

Nediam Vargas a nosa “Viguezolana”.

Anterior post

Olaia Becerril deixa unha pegada de 6.15m en Györ.

Siguiente post

Inscríbete na Escola Celta Atletismo 2017 - 2018. A nosa Canteira.