Meeting Popular, Galego de Combinadas e Gala do Atletismo. Axenda completa.
Comezamos a apretar a axenda neste comezo de tempada estival. O primeiro campionato, o noso Meeting e a Gala do Atletismo Galego serán as citas que nos ocupen estes días.

Miguel Cajaraville é un dos célticos premiados.
Este venres na Pobra do Caramiñal, terá lugar a X Gala Anual do Atletismo Galego, onde se premiarán os méritos acadados polos atletas galegos máis destacados na pasada tempada. Entre os membros deste distinguido grupo, contamos a varios celestes, Miguel Cajaraville (Absoluto), Celia Pérez (Promesa), Andrea Pais (Xuvenil), Olaia Gisela Becerril (Cadete), Lara Fernández (Cadete), Francisco Rodríguez (Veterano), José María Otero (Veterano) e Cristina Estévez (Veterana), serán os celticos premiados nas súas respectivas categorías na tempada 2015 – 2016.
