ActualidadNoticias

¡Lumeeee en Serrahima e Györ!

Disque todo o que comeza nalgún momento ten que rematar, e esta tempada que tantos bos momentos nos fixo pasar está a chegar ao seu fin, pero non sen antes pasar pola principal cita do atletismo nacional.

“Nacho” volve a un Nacional Absoluto.

Esta fin de semana o barcelonés estadio Joan Serrahima acollerá o XCVII Campionato de España de Atletismo, onde tomarán parte 4 dos nosos máis destacados atletas. “Nacho” Fernández, en martelo, máis Emma Valencia, no 100m valados, capitanean a expedición; os atletas de Manuel Martínez, Gonzalo Basconcelo e Alice Finot tomarán partida no 1.500m onde buscarán a final. Finalmente, Nediam Vargas causa baixa nos 100m e 200m por unhas pequenas molestias de última hora. Para os que esteades interesados, poderedes seguir o campionato por Teledeporte, tanto na súa canle de televisión coma na súa páxina, ou mesmo na páxina da RFEA.

Emma xunto a “Nacho” serán os nosos capitanes en Serrahima.

Por outra banda, entre os días 26 e 30 de xullo celebrarase na cidade húngara de Györ o XIV Festival Olimpico da Xuventude, onde Olaia Becerril voltará vestir as cores da Selección RFEA no salto de lonxitude, poñendo así o broche perfecto a unha gran tempada na que a súa progresión e as medallas, sempre foron xuntas da man.

Olaia Becerril viaxa a Hungría coa Selección RFEA.

Desexamos os nosos un gran de fin de semana de éxitos.

Anterior post

O Celta Atletismo apaña 14 metais no Campionato de Galicia Absoluto.

Siguiente post

Olaia Becerril deixa unha pegada de 6.15m en Györ.