ActualidadeAs crónicasNoticias

Iria Rivas ouro en Guadix e temporal de mínimas en Vila Nova

Novo fin de semana coa resaca da Invasión Celeste – do que tedes todas as fotos no noso Flickr – chegou un novo fin de semana de competición no que os nosos atletas volveron a amosar o seu gran estado de forma:

A nosa parella de marchadores desprazouse ata Guadix (Granada) para o Campionato de España de Marcha Atlética de Promoción onde volveron destacar:

  • Iria Rivas levouse o ouro na categoría sub-18 cun rexistro de 24:55s; mellorando a prata e a marca nos 5km da mesma proba no 2016.
  • Pola súa parte Brais Prieto acadaou un excelente 6º posto con 23:30s na categoría sub-20.

A nosa parella de marchadores despois do Campionato de Guadix

Mentras, na I Jornada de Lanzamentos de Vila Nova da Cerveira que sirve como debut para todos os lanzadores galegos – ata 60 cruzaron o Río Miño – o temporal deixou 7 mínimas nacionais para os atletas célticos:

  • Nico García cos seus 53’90m foi o gran protagonista batendo récord galego sub18 en lanzamento de disco  (1’5kg) que ademáis supón a mínima para o Campionato de Europa da categoría en Gyor (Hungría) do mes de xullo. O camiño para unha nova internacionalidade dunha das nosas promesas xa está enfilado.

    Nico García posa orgulloso co chándal celeste despois da proba

  • Irene Gómez debutou coa celeste con 55’96m no martelo de 3kg. A actual campiona de España cadete conseguía situarse como líder do ránking nacional na categoría sub18 e moi preto da súa MMP do ano pasado. Irene conseguiu tamén a mínima para Gyor da IAAF pero non a da RFEA que é máis esixente.
  • Patricia Correa (46’28m), Lara Tilve (40’41m), Eric Méndez (53’62m) e David García (47’74m) conseguían as mínimas do lanzamento de martelo para os Campionatos de España sub18 de Gijón (Patricia) e os sub16 de Castellón (Lara, Eric e David). As marcas destes tres últimos lévannos tamén a encabezar o ranking nacional da categoría.
  • Antía López no lanzamento de xavelina acadou tamén a mínima para Castellón cuns meritorios 40’68m que tamén supoñen a mellor marca española este ano.

    Antía nunha das múltiples probas de Vila Nova da Cerveira.

  • Un dos nosos atletas máis destacados que estreaba o patrocinio de Sprinter, Nacho Fernández; superaba a barreira dos 60m no lanzamento de martelo absoluto na primeira proba da temporada.

Nacho Fernández debutando en Vila Nova

  • Completaron a actuación céltica en terras portuguesas Karolina Puchmetrlova (11’71m en peso e 29’54m na xavelina); Noel Vega (39’80m no disco); Mar Pérez (31’82m en disco); Elena Estévez (9’93m peso); Víctor Pérez (35’97m no martelo); Lucía Dopico (7’48m peso e 14’79m en xavelina);  Adrían Gómez (34’31m no martelo); o veteranísimo Manuel Rodríguez (33’36m en disco e 28’55m en martelo) e Samuel Freiría (7’74m no peso).

Un fin de semana cheo de bos resultados despois de varios meses de pretempada onde o tempo foi moi favorable para os adestramentos: 1 ouro nacional, un posto de finalista e 7 mínimas para os Campionatos de Aire Libre. O próximo sábado, turno para a nova pista cuberta de Ourense.

Anterior post

¡Volve o atletismo máis solidario polo Nadal!

Siguiente post

A previa 15/12: ¡Estreamos pista cuberta!

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *