ActualidadNoticias

Ilustres

Unha vida enteira… e o que lles queda. Eles son os ilustres veteráns do noso clube. Atletas que acumulan moitas décadas, competicións e viaxes coa celeste e que serven de exemplo para a canteira, demostrando que é posible seguir neste mundo e non perder a ilusión do primeiro día:

  • Fernando Paredes Triky: O noso capitán leva máis de 30 anos adestrando co Presidente Jose Ángel Serantes, nun idilio que o converte nun referente xa non só do noso clube ou dos lanzamentos, senón do atletismo galego. Mientras el cuerpo aguante o lanzador moañés quere seguir sendo o noso capitán e competindo.

    Triki en 1º termo con Noel detrás nunha das últimas Ligas. Dous fixos para conseguir puntos.

  • Nacho Fernández e Noel Vega: Estes dous lanzadores (martelo e peso/disco) da Factoría Hermida levan tamén varias décadas lanzando xuntos. De Nacho xa falamos en outubro coa súa renovación e Noel volveu hai dous anos despois dun período de inactividade.
  • Miguel Gómez: O velocista é unha rara avis no seu sector e segue plantando cara ós velocistas máis novos ós seus 35 anos. Un auténtico luxo para o noso equipo a niveis de experiencia e veteranía.
  • Fran Rodríguez: Chegado hai poucos anos pero perfectamente integrado xa no clube, onde exerce de adestrador tando na Escola como nas categorías superiores. O fondista andaluz é un dos nosos puntais no clube.

    Fran nunha das probas en Riazor, demostrando que ten aínda moito que dicir na pista

  • Antonio Fuertes: Outro fondista moi recoñecido que os seus 57 anos segue defendendo a nosa camiseta tanto nas carreiras pedrestres como nos Campionatos de Europa, ademáis de colaborar co clube no cobro das domiciliacións.
  • Jose Fernández: O noso marchador de cabeceira tamén é un exemplo de traballo e esforzo ós seus 37 anos, desprazándose sempre ás Ligas.

    Jose seguido de Brais na Liga de Gijón 2017: Unha foto que mostra o presente e o futuro da marcha no clube.

  • David Gómez: O noso olímpico segue competindo sempre que é necesario co clube, especialmente nas probas de lanzamento de xavelina ou do peso; compaxinándoo coa súa labor de adestrador.
  • Outros ilustres veteráns que tamén renovaron son Harold, Manolo Rodríguez, Fidalgo, París, Manuel Márquez ou Juan Bello.

Nas mulleres a representación non é tan numerosa, pero non por iso menos destacable:

  • Mariajo Sanromán: Outra discípula de Jose Manuel Hermida que máis de 25 anos despois segue adestrándose coa ilusión do primeiro. Nas probas de peso e disco é habitual vela axudando tamén ás máis novatas para mellorar, converténdoa nunha das veteranas máis queridas no sector.

    Mariajo caracterizouse sempre pola técnica nunha proba tan plástica como o disco. Unha gozada vela lanzar!

  • Cris Estévez e Emma Valencia: Parte da Xunta Directiva do clube ata este ano, esta polifácetica mediofondista segue competindo mentres que de Emma tamén falamos en outubro na tanda de renovaciónse
  • Elena Estévez: Malia non ser aínda veterana por idade, si que podemos considerala ilustre por todos os anos que leva competindo e colaborando co clube, dentro e fóra da pista.

    Noel e Elena renovando co Celta hai unhas semanas: PURA FORZA!

Anterior post

Comunicado do Clube: Novo horario das pistas de Balaidos

Siguiente post

A Previa 24/11: Nediam de Ouro e Galego de Marcha de Inverno