Actualidad

TI, O TARTÁN E O CRONO ¿ATRÉVESTE?

Cartel II Meeting Popular en Pista Celta Altetismo RED.

O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán conxuntamente o “II MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”.

O vindeiro sábado 28 de maio, terá lugar a segunda edición desta novidosa competición, na que os atletas populares poderanse por a proba, e por un día, cambiar o asfalto polo tartán. Ademáis, os atletas máis pequenos, tamén poderán tomar parte desta competición e coñecer as diferentes especialidades atléticas a través da actividade ¿Xogas o atletismo?.

Podedes consultar toda a información da competición e tramitar a vosa inscrición no seguinte enlace: http://www.carreirasgalegas.com/carreira/ii-meeting-popular-en-pista-celta-atletismo/c4f68597-7e34-02cd-9019-39d7515ad1e5

Non o dubides, e disfruta con nós dunha fantástica xornada de atletismo en pista. Ti, o tartán e o crono… ¿Atréveste?.

17436348136_aab4c78bf8_k

Anterior post

VINI VIDI VINCI (23 - 24 ABRIL)

Siguiente post

NOS ENCANTAN LAS LIGAS. EMPIEZA LO BUENO.