ActualidadNoticias

I Campus Multideporte Celta Atletismo.

A piques de rematar o curso escolar e comezar o verán o Grupo Celta Atletismo presenta o “I Campus Multideporte Celta Atletismo”. Unha actividade onde os nenos e nenas inscritos gozarán de numerosas actividades deportivas e de ocio o mesmo tempo que coñecerán os aspectos máis elementais do noso deporte.
O “I Campus Multideporte Celta Atletismo” terá lugar entre os días 4 e 14 de xullo (ambos incluídos e só en días laborais) e en horario de mañá (das 10:15 horas ás 13:15 horas). Poderán participar todos aqueles nenos e nenas de 6 ata 12 anos. Cuota de inscrición: 60 € (10% de desconto os Socios Celta Atletismo e os segundos irmáns).
Para formalizar a inscrición os titores deberán enviar a folla de inscrición, a fotocopia do DNI do neno e o titor máis a copia do xustificante de pagamento o correo electrónico: escuelaceltaatletismo@gmail.com. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 26 de xuño e actividade levarase a cabo cun mínimo de 15 inscritos. Para resolver cualquier cuestión tendes a vosa disposición a dirección de correo da Escola Celta Atletismo ou os números de teléfono dos Coordinadores da actividade, Manuel Martínez (653 966 429) e Francisco Rodríguez (617 250 699).
¡Collede a toalla, o bañador e a crema solar e vinde con nós a gozar do verán!
Anterior post

O futuro e voso.

Siguiente post

Ti a polo Ascenso e eu a pola Permanencia.