ActualidadNoticias

¡Gracias “Fisioterapia Lence & Martínez” e “Ximnasio Saúde & Deporte”!

As nosas na Liga Nacional de Clubs 2017.

A piques de rematar o curso atlético 2016 – 2017, non queremos dar paso a vindeira temporada sen agradecer o apoio recibido por dous dos nosos principais Socios Colaboradores.

O  “Centro de Fisioterapia Lence & Martínez” e mailo “Ximnasio Saúde & Deporte”, volveron ser un dos nosos patrocinadores o longo da presente temporada. Cada ano que pasa, estas dúas empresas amigas, non perden a oportunidade de colaborar con nós e por extensión co deporte da nosa cidade.

Triplete céltico no martelo do Campionato de Galicia Absoluto.

A súa implicación na Campaña de Socios 2017, a donación das novas camisetas de quencemento e abrigos oficiais, a cesión dunha das súas oficinas para as reunións da Xunta Directiva e como non, o seu incansable traballo no cuidado e posta a punto dos nosos atletas fan que o “Centro de Fisioterapia Lence & Martínez” e o “Ximnasio Saúde Deporte” sexan unha parte activa dos nosos proxectos.

Gijón foi testigo dunha das mellores actuacións dos homes nesta temporada.

Por tal motivo, so podemos darlles as gracias polo seu patrocinio e polo seu constante apoio e cariño. Esperamos seguir xuntos durante moitos anos máis.

Pedro Juncal un dos mellores do ano no atletismo galego.

¡Gracias! ¡Xuntos facendo equipo!

Anterior post

Nediam Vargas... #SeQueda

Siguiente post

Martillero de Honor con Nacho Fernández