ActualidadNoticias

Femenino Celta 17/18: As altas e baixas para pelexar o Ascenso

Se as fichaxes dos homes son ilusionantes, as das mulleres consolidan o gran reto do Femenino Celta para este ano: pelexar e conseguir o ascenso a División de Honor.

As novas célticas que aspiran a conseguir o ascenso como novatas son:

  • Irene Gómez: A lanzadora de martelo da Factoría Hermida vén de destrozar o récord galego cadete da disciplina con 57’26m, acompañado de dous ouros a nivel nacional. Co paso á categoría sub16 e formando dupla con Patri Correa os lanzamentos seguirán sendo unha das mellores probas a nivel de puntos no clube.

    Irene está ben flanqueada no seu grupo por xa veteranas como Elena, Patri ou Mar.

  • Iria Rivas: A xovencísima marchadora estradense gañou o ano pasado a prata no Campionato de España Xuvenil malia ser de 1º ano. A atleta que adestra no CGTD de Pontevedra, ten entre os seus obxectivos para esta tempada participar no Campionato de Europa debutando así como internacional.

    Iria tiña claro que os éxitos pasaban polo azul celeste.

  • Lucía Cardesín: Esta medio-fondista xuvenil chega dende a capital do Lérez para seguir mellorando marcas prometedoras como os seus 2:20 no 800m. A  fichaxe desta ex ximnástica reforza aínda máis se cabe o equipo xuvenil-junior así como o futuro do absoluto.

    A atleta de Pablo Díaz súmase ás filas celestes

  • Alicia Merino: combineira lucense e actual campiona galega absoluta da disciplina é unha incorporación multiusos: 12’42 no 100m, 10’64 no peso, 33m na xavelina ou 1’64m na altura, pero sen dúbida son as vallas o seu punto forte e onde debutará como novatas.

    Nós estamos aínda máis contentos que Alicia con esta fichaxe!

Desgrazadamente tamén hai moitas rapazas que deixarán de ser célticas este ano:

  • Teresa Elena: Exemplo de canteira e traballo dentro do clube, despois de varios anos defendendo o escudo igual que o seu irmá Alberto; deixa o clube por atoparse fóra de Vigo.

    A marchadora segue o camiño do seu adestrador Ramilo e tamén deixa o Celta este ano.

  • Laura Graña: Outra das ilustres lanzadoras do Morrazo que dende hai 10 anos copan os primeiros postos en 1ª División co Celta. A discípula de Serantes marcha pero o relevo está garantizado.
  • Laura García de Ourense que causará baixa por lesión.
  • Completan a lista de baixas atletas como Noa Sánchez, Celia Rey, Laura Rodríguez, Lorena Fernández, Noa Costas, Carmen Bello, María Campos, Laura Paz, Isabelle Dege, Bea Novoa e Olaya Abril.

Igual que cos rapaces, agradecer os servizos prestados de forma exemplar por parte de moitas delas. Creceron con nós e agardamos que volver a atoparnos máis cedo que tarde. E con estas novatas… !a polo ascenso!

Anterior post

Caras novas e despedidas nos homes para a nova tempada

Siguiente post

Comunicado do Clube: Novo horario das pistas de Balaidos