ActualidadNoticias

Felicidade e decepción a partes iguais en La Liga Atletismo.

Esta fin de semana, resultou ser unha das máis emocionantes dos últimos anos para o Grupo Celta Atletismo. Decidiase a xornada final de La Liga Atletismo de Primeira División e que lugar ocuparían tanto o C.A.F. Celta como o R.C.Celta Atletismo na Fase Final.

O C.A.F. Celta meteuse de cheo na Final de Ascenso.

O C.A.F. Celta viaxaba a Valladolid para enfrentarse as anfitrionas da Universidade de León – Sprint Atletismo, as aragonesas do Hinaco Monzón e as isleñas do C.E.A. Tenerife. As nosas viaxaban cun equipo máis competitivo que o da primeira xornada; só as locais puideron superalas, ainda que con claridade. Catorce postos de podium, nos que sete foron victorias, favoreceron a que o Femenino non se baixase do segundo posto da clasificación xeral durante toda a xornada (170 puntos). Nediam Vargas nos 100m e 200m (11:82s – 24.00s), Raquel Meaños nos 800m (At. Mazí, 2:11.41s), Emma Valencia nos 110mv e 400mv (15.69s – 1:06.59s), Elvira Okutu no salto de lonxitude (5.42m) e Karolina Puchmertlova no lanzamento de peso (11.83m) foron as atletas máis destacadas e que se fixeron con 8 puntos nas súas probas. Con este resultado, máis a xesta da primeira xornada, o C.A.F. Celta clasifícase outro ano máis para a Final de Ascenso. Ocupan o sexto posto da clasificación xeral, polo que o ascenso a División de Honra é unha quimera, para elas o premio e volver a estar nunha Final de Ascenso.

O R.C.Celta Atletismo quedouse as portas da Final de Ascenso.

Pola súa banda, o R.C. Celta Atletismo desplazouse a terras asturianas, concretamente ata Gijón, para competir contra os locais da Universidade de Oviedo, os oscenses do Intec-Zoiti e os levatinos do El Correr El Garbí. Os nosos mostraron a súa mellor versión e o final das 20 probas lograron un meritorio segundo posto por diante do Intec-Zoiti e o El Garbí (con victoria aplastante da Universidade de Oviedo) que lles dabana moitas opcións de clasificarse para a Final de Ascenso. Con doce postos de podium e catro victorias parciais, Gonzalo Basconcelo nos 1500m (4:00.57s), Miguel Cajaraville no salto con pértega (4.51m), Ignacio Fernández no lanzamento de martelo (56.88m) e José Fernández nos 5000m marcha (24:07.24s), os célticos tiveron moi boa prestación ainda que finalmente fosen segundos por diante do Intec-Zoiti por só 6 puntos e medio de diferencia (166.5 puntos contra 160 puntos). Con todo isto, todavía quedaba esperar polos resultados do encontro que se celebraraba en Lleida o domingo pola mañá e que definiría se os célticos ou os extremeños do Perceiana, serían os oitavos clasificados para a Final de Ascenso. Pero sucedeu o que ninguén esperaba. O Perceiana quedaba segundo no seu encontro, sendo 8º na clasificación xeral e deixando os nosos no 9º posto. Terán que loitar por conservar este posto na Final pola Permanencia. Non puido ser, pero só podemos dar as gracias polo esforzo e compromiso dos nosos, agora mesmo ese é o lugar do R.C. Celta Atletismo na Primeira División.

O vindeiro 10 de xuño veremos como finaliza outra intensa edición de La Liga Atletismo de Primeira División.

Anterior post

¡A pola remontada!

Siguiente post

Relación de inscritos no "XI Trofeo Alfonso Posada".