ActualidadeAs crónicasNoticias

Éxito no Trofeo Solidario e dúas novas mínimas nos controis polo Nadal

Nas vésperas de Noiteboa e Nadal os nosos atletas volveron ás pistas buscando bos rexistros cos que celebrar as festas, aínda que non sexa a última proba do ano. Nembargantes, o gran protagonista do fin de semana foi o Trofeo Solidario de Nadal que o Celta Atletismo celebrou o sábado en Vigo.

  • Os preto de 600 cativos inscritos no III Trofeo Solidario de Nadal en Balaídos viviron unha xornada de festa total na que, grazas á colaboración dos nosos patrocinadores, todos levaron algún tipo de premio. Nesta competición destacou por enriba de marcas e clasificacións, o carácter solidario da mesma: media tonelada de alimentos e 400 xoguetes recollidos para as familias máis desfavorecidas da cidade, ás que lle farán a entrega Cruz Vermella, Asociación Benéfica La Sal de la Tierra e a Asociación Stop. Novamente, grazas a todos vós pola colaboración nun Trofeo tan especial.

    Nunha festa así para os máis cativos non podía faltar o Dinoseto como testigo. ¡Menuda mañán!

  • O venres 22 desprazáronse ata Compostela varios atletas para o II Trofeo de Atletismo en Pista da USC, destacando especialmente Laura Santos coa mínima para o Campionato de España sub23 indoor de Salamanca nos 3000m. A súa marca de 10:23:33 serviulle para impoñerse na proba, ao igual que ao mediofondista local Luis del Río nos 400 con 51’15s.

    A representación céltica en Compostela foi unha das máis numerosas este fin de semana

  • Ao día seguinte en Lugo disputouse o III Trofeo de Nadal Verxel, onde Olaia Becerril logrou a mínima para o seu Campionato de España sub18 de Antequera con 8.00s nos 60m na final. Na actuación céltica destacaron tamén nos 60mv Emma Valencia (9.23s) e Alicia Merino (9’29s), así como o outro combinero en liza Adolfo Sainz-Maza con 1’92 na altura.
  • O noso outro saltador de altura e flamante fichaxe David Martínez volvía a saltar en Zaragoza superando esta vez si o 1’91 co que mellora xa a marca do ano pasado.

A David está a traerlle sorte a celeste neste comezo de tempada, ¡e que siga así!

  • Tamén o sábado 23 en Vila Nova da Cerveira os nosos lanzadores volvían a competir en terras portuguesas. Nico García (54’16m no disco 1’5kg) e David García (51’92m no martelo 4kg) melloraban incluso os seus rexistros de hai dúas semanas, mentres que Irene Gómez (55’65m) e Patri Correa (46’11m) mantiñan os seus bos rexistros co martelo de 3kg. Gran comezo de tempada para os nosos lanzadores máis novos que de seguro conseguirán mellorar nos vindeiros meses.
  • No presitixioso 56º Gran Premio Pedestre do Nadal – Carreira do Pavo celebrado o domingo Gonzalo Basconcelo impoñíase nas rúas de Vigo nunha proba na que Fran Rodríguez foi 5º na categoría masculina e Alice Finot 3ª na femenina.

    Podium conxunto da Carreira do Pavo, con Gonzalo e Alice como habituais representantes xa do Celta Atletismo

  • En calidade de asociada competiu de novo en Expourense  Cristina Estévez na I Copa de Galicia de Clubs Máster en Pista Cuberta, onde defendendo as cores do Samertolomeu de Moaña. Grazas a súa actuación nos 400m e na lonxitude, o equipo laranxa alzouse co triunfo nesta Copa.

    Cristina Estévez levantou o trofeo como campionas galegas. Parabéns a toda a familia do Same!

Comeza así o período de competicións no Nadal no que os nosos atletas buscarán chegar no mellor estado de forma posible ó Galego Absoluto indoor e a Copa de Clubes a celebrar en Ourense. Lembrarvos que unha das próximas oportunidades será o día 30 nesa mesma pista nun control organizado polo Celta Atletismo conxuntamente con outros clubes galegos, rematando o prazo de inscrición hoxe ás 23:59.

¡Boas festas e mellores marcas!

Anterior post

7 mínimas para estrear a pista cuberta en Ourense

Siguiente post

Suspensión do Control de Expourense do día 30. Comunicado dos clubes organizadores.

Sin comentarios.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *