ActualidadNoticias

Eva está que “Queima-ño”. Fin de semana de ensoño, con 8 metais nacionais.

Rematou unha intensa fin de semana na que varios dos nosos, tiveron un papel moi destacado nos diferentes campionatos que se celebraron o longo da xeografría autonómica en nacional.

Eva Queimaño lucindo bronce.

En primeiro lugar, viaxamos ata Sabadell, onde catro das nosas participaron no Campionato de España Juvenil indoor. Sobresaínte de novo, Eva Queimaño no pentathlon. A pupila de David Gómez, unha vez máis volveu a rendir o seu mellor nivel alcanzando un excelente terceiro posto (3419 puntos) a escasos 13 puntos da medalla de prata. Un bronce que refrenda a fabulosa progresión de Eva no último ano. Pola súa banda, Olaia Becerril coñeceu a cara máis amarga das competicións ó maxímo nivel. Na lonxitude non alcanzou a mellora cun único salto válido de 5.30m, un mal talonamento lastrou o seu concurso dende o comezo e nos 60m non logrou acceder a semifinais. As veces as cousas non saen como un espera, toca levantarse e aprender dos errores. As outras dúas célticas en liza, foron Mar Pérez que clasificou 9ª no lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 11.90m e Ruth Carrera que, tras unhas semanas moi complicadas, logrou tomar parte das semifinais do 800m. Aínda que non logrou estar o seu mellor nivel, o seu premio foi sobrepoñerse a enfermidade e participar no campionato.

Emma Valencia triunfou en Gallur.

Na capital de España, os nosos “Ilustres” participaron no Campionato de España de Pista Cuberta de Veteranos, tendo unha actuación espectacular cun total de 7 medallas. Fernando Paredes, o noso Capitán, proclamouse Campión de España de peso M40 (14.63m); José Fernández, foi plata nos 3000m marcha M35 (13:14,76); Miguel Gómez fixo plata nos 60m (7.07s) e nos 200m (22.50s) M35, rexistrando unhas marcas dignas dos seus mellores tempos; Emma Valencia tamén fixo doblete, sendo ouro nos 60mv (9.30s) e bronce nos 60m (8.39s) F35; por último a Capitana do Femenino, María José Sanromán foi prata no lanzamento de peso (10.31m). Grandes resultados, pero mellores sensacións dos nosos veteráns de cara os compromisos ligueiros do mes de abril.

Botín de “Franchu” no Europeo INAS.

Deixamos a península, para volar ata Praga. Alí o noso “Franchu” participou no Campionato de Europa INAS co Combinado Nacional. Veu da República Checa con tres medallas, prata nos 60mv (9.10s) e no salto con pértega (3.27m) e ouro no 4x200m (RCap).

Sandra Mosquera, Gonzalo Basconcelo, Manuel Martínez e Celia Pérez en Xixón.

Ademáis das probas indoor, o campo a través tamén tivo protagonismo neste días. En Xixón celebrouse o Campionato de España de Campo a Través por Federacións. Gonzalo Basconcelo e Celia Pérez foron os nosos representantes coa Selección Galega, que non tivo un papel destacado e que segue sufrindo para volver a ter un papel destacado no panorama do cross nacional.

Xa a nivel autonómico, tres dos nosos pequenos foron ata Vilalba (Lugo) para partcipar no Campionato de Galicia de Campo a Través Escolar. Sensacional foi o papel do infantil Pedro Vázquez que logrou o Campionato Galego nunha espectacular carreira. Hugo Suárez finalizou 11º na carreira cadete e Alejandra Prieto 35ª na alevín. Moi boa actuación dos membros da Escola na derradeira proba de cross da temporada.

¡Gran colleita de medallas dos nosos esta fin de semana, xa estamos preparados para o verán!.

Pedro Vázquez, Campión Galego Infantil de Campo a Través.

Anterior post

Epílogo invernal.

Siguiente post

David Gómez Martínez, Medalla de Bronce de la Real Orden del Mérito Deportivo.