Actualidad

Dobrete nas Combinadas por equipos e as últimas alegrías do 2017

A última fin de semana de probas do 2017 serviu para poñer o broche dourado a un gran ano e empezar coas expectativas moi altas para todos os nosos atletas este 2018.

  • Ourense – de novo – foi a gran protagonista da fin de semana co dobre Campionato Galego de Combinadas por Clubes dos nosos equipos masculino e femenino. O conxunto no Pentathlon formado por Nediam Vargas (3.277) Eva Queimaño (3.205) Andrea Novoa (2.639) Cristina Estévez (2.114) Lara Fernández (2.362) e Lucía Dopico (2.353) conseguiu o 1º posto por diante do Franciscanos e o Riazor Coruña. Pola súa parte os rapaces no Heptathlon comandados por Adolfo Sainz-Maza (4.723) Miguel Cajaraville (4.328) Fran Pérez (3.429) Juan Bello (3.117) David Lorenzo (3.412). O dobrete céltico demostra a fortaleza céltica nas probas combinadas pese as baixas de Alicia Merino Karolina Puchmertlova. A marca de Eva sírvelle presumiblemente como billete para o Campionato de España sub20 de Pista Cuberta en Ourense e a de Cris como novo récord galego W-40.

    Os rapaces célticos impuxéronse ao Narón e á SGP na global por clubes

  • Novamente en Ourense e durante o control de marcas celebrado, destacaron especialmente Andrea Pais (25.51s) e Raquel Arias (26.44s), mínimas para os seus Campionatos de España indoor de Ourense (sub20) e Salamanca (sub23) nos 200m; Laura Santos (4:55:63) e Lucía Cardesín (4:59:14) conseguían a súa segunda mínima nacional cada unha nos 1500m, xunto con Alice Finot (4:36:14) para o Nacional Absoluto indoor.

    Imaxe das nosas velocistas Raquel e Andrea en Expourense

  • Aproveitando as vacacións de Nadal, algúns dos nosos atletas máis prometedores acudiron a concentracións dos seus respectivos sectores para mellorar. Foi o caso de Nico García cos lanzadores en LeónOlaia Becerril cos saltos en Los Alcázares (Murcia) coas concentracións da RFEA do 26 ao 29 de decembro. Pola súa parte, os marchadores Brais Prieto Iria Rivas acuden á concentración da FGA do 2 de xaneiro ó día 5.

    Olaia disfrutando do clima murciano en pleno Nadal

    Nico compartiu concentración coa lenda do atletismo español, o Capitán Manolo Martínez.

  • Para rematar o ano e como xa é tradición, numerosos atletas, adestradores e demáis membros da familia céltica acudiron ás carreiras de San Silvestre, destacando especialmente a viguesa con máis de 4.500 participantes na que os disfraces e o bo ambiente foron os auténticos protagonistas.
Anterior post

A previa 29/12: ¡A pola última do ano!

Siguiente post

A previa 05/01: A pola Copa!