ActualidadNoticias

Dobres Subcampións Galegos Absolutos en Ferrol.

Os dobres Subcampións Galegos.

· Víctor Pérez Currás.

Ata o ferrolán Polideportivo de A Malata desprazáronse os nosos equipos absolutos o pasado sábado para disputar o Campionato Galego de Clubs de Aire Libre. Coa ilusión de cada ano por alzarse como Reis de Galicia a nivel colectivo e coas xornadas de Liga Nacional xa no punto de mira, os nosos aspiraban a revalidar os título de campións do ano pasado en Lugo.

Orgullosos dos nosos. Foto: Flor Currás.

Nunha xornada dobre soleada na que o tradicional vento das pistas de Ferrol pareceu dar unha tregua, os célticos amosaron o seu bo estado de forma, alentados dende a grada nun ambiente festivo por parte dos nosos, que deixaron as gorxas e as palmas animando. Lograron victorias parciais para o Femenino Celta a nosa debutante Nediam Vargas nos 100m sen tempos por culpa dun novo fallo técnico, e a asociada Raquel Meaños nos 800m vencendo con autoridade pese a ser xuvenil. Por parte dos homes, as victorias parciais de Gonzalo Basconcelo nos 1500m e Miguel Cajaraville na pértega, amosando a súa veteranía dentro do equipo.

Gonzalo Basconcelo non tivo rival nos 1500m.

As rapazas célticas pese a ser un equipo cheo de debutantes e cunha idade media máis cercana a un Galego Junior que dun absoluto, revalidou de novo o Subcampionato galego con 121 puntos, soamente por detrás das anfitrionas de División de Honor do Ría Ferrol, que aproveitaron a xornada en casa para amosar algunhas das súas fichaxes foráneas. Os célticos non puideron revalidar o título de anos anteriores malia acadar unha 2ª praza de gran mérito con 112’5 puntos por detrás tamén doutro equipo de División de Honor, a SGP que amosou a forza das súas incorporacións deste ano.

Nediam Vargas destrozou a “foto – finish” en A Malata. Foto: Luis Tojal.

Un campionato máis nos que dende o Grupo Celta Atletismo temos motivos para estar orgullosos dos nosos, da nosa canteira. Con estes resultados deuse por iniciado o ciclo de competicións colectivas nas que optaremos polo ascenso dende 1ª a División de Honra e os títulos galegos nas categorías Juvenil – Junior e Cadete. Alcorcón e Cartagena a vindeira fin de semana e Lugo a seguinte, serán as próximas paradas para conseguilo.

Orgullosos das nosas. Foto: Flor Currás.

Anterior post

A lista de convocados. Os títulos Galegos entre cella e cella.

Siguiente post

Volve a Liga Nacional, comezan os novos desafíos.