ActualidadNoticias

David Gómez Martínez, Medalla de Bronce de la Real Orden del Mérito Deportivo.

Pois parece que a pista cuberta non quere rematar; esta fin de semana tócanos despedila cun par de campionatos das categorías inferiores, despois duns últimos días cargados de emocións para toda a familia céltica.

Lara Fernández será a nosa representante en Antequera.

Comezamos en Antequera, co Campionato de España Cadete de Pista Cuberta, onde a pertiguista Lara Fernández estrearase nun campionato de nivel estatal, coas miras postas en mellorar marca e gañar esa experiencia tan valiosa nestas idades.
Seguimos despendindo a cuberta, neste caso a cita é na Coruña, no Campionato Galego de Pista Cuberta Benxamín, Alevín e Infantíl, onde preto dunha vintena de pequenos célticos emularán os grandes atletas do tartán.

David Gómez ferido de guerra nos Xogos Olímpicos de Athenas 2004.

Xa para rematar queremos facer unha mención especial ao acontecemento estrela destes últimos días. O noso atleta, adestrador e gran amigo David Gómez, entra a formar parte da Real Orde do Mérito Deportivo na categoría de Medalla de Bronce grazas aos seus méritos acadados ao longo da súa traxectoria atlética.
Esta tarde ás 18:30 horas, no CGTD de Pontevedra, terá lugar a cerimonia de entrega de dito galardón da man do presidente do CSD, D. José Ramón Lete. A vindeira semana David, daranos as súas impresións sobre este galardón e o resto da actualidade atlética. ¡Parabéns David, un premio máis que rerecido!.

Davig Gómez, Medalla de Bronce da Real Orden del Mérito Deportivo.

Anterior post

Eva está que "Queima-ño". Fin de semana de ensoño, con 8 metais nacionais.

Siguiente post

Segunda avaliación da Escola Celta Atletismo: Sobresaínte.