ActualidadNoticias

Confiamos na nosa #Canteira.

Nesta primaveira estase a dar unha boa colleita o igual que no noso atletismo de canteira. Esta fin de semana Lugo será o epicentro do atletismo galego coa celebración do Campionato de Galicia de Clubs Cadete – Juvenil – Junior en pista o aire libre, onde o Grupo Celta Atletismo presenta tres equipos, o que pon de manifesto que ano tras ano a nosa colleita de novos talentos segue mellorando.

Confiamos na nosa canteira.

En categoría masculina o R.C. Celta presenta os equipo Cadete e Juvenil – Junior. Os cadetes, representantes da Escola Celta Atletismo, viaxan coa idea de facer un bo campionato e poder vivir de primeira man unha das competicións máis fermosas que se poden vivir na temporada atlética. Atletas como Erik Fernández (100m, peso), Hugo Suárez (3000m), Iago Núñez (altura) ou David García (martelo, disco) pelexarán por acadar unha boa clasificación global e loitar polo pódium nas súas probas. Pola súa banda, os nosos Juniors queren mellorar o Subcampionato do ano pasado e acadar o primeiro lugar. Non será doado, xa que equipos coma o Lucus Caixa Rural, e o C.A. Santiago presentan moi boas candidaturas para o ouro. O C.A. Femenino Celta viaxa a cidade amurallada presentando un só equipo, o Juvenil – Junior. Plántanse cun equipo estelar, con claras opcións de levarse o campionato e mellorar a prata do pasado ano. Será unha xornada intensa, onde esperamos que a nosa canteira leve o escudo céltico ó máis alto posible.

A lista de convocados Juvenil – Junior.

Viaxando un “pouquiño” máis o sur-este. Dous célticos viaxan a Cartagena para tomar parte, vestindo a camisola da Universiade de Vigo, do Campionato de España Universitario de Atletismo. Pedro Juncal (400m) e Miguel Cajaraville (salto con pértega) cambiarán por un día a celeste para defender á Universidade na que cursan os seus estudios superiores. O ano pasado, Miguel foi bronce na mesma proba, esperamos poder darlle a él, máis a Pedro, sendas Matrículas de Honra. En mulleres, Laura Chapela correrá os 200m representando a Univesiadade de A Coruña, tendo opcións claras de clasificarse para a final.

Miguel Cajaraville en Alcorcón. Foto: Luis Tojal.

¡Moita sorte e a darlle lume!

Anterior post

As célticas titánicas. Os homes a pola remontada.

Siguiente post

As Juniors estelares en Lugo. Campionas Galegas.