ActualidadNoticias

Comunicado do Clube: Novo horario das pistas de Balaidos

Despois de varios meses de negociacións coa Concellería de Deportes de Vigo, o pasado luns puidemos anunciarvos o novo horario das pistas municipais de Balaídos, que volverán a abrir as mañáns dos mércores e venres (a maiores dos sábados e domingos).

Isto vén despois de 2 meses de negociacións entre o noso Clube e a Concellería, nos que pese o apoio da comunidade atlética con máis de 1.200 firmas en Change.org; sentímonos bastante sós ante as nosas reclamacións.

Este novo horario beneficiará a todos os atletas que precisan de maior flexibilidade nos horarios, con independencia do seu clube. Consideramos estas melloras un paso adiante pero insuficiente. O atletismo vigués precisa poder dispoñer das pistas municipais de todas as mañanas, incluidas as dos festivos.

Seguiremos traballando para poder mellorar de novo estas condicións, en beneficio de todo o atletismo, sen importar o seu clube.

Novo Horario Pistas Balaídos

Anterior post

Femenino Celta 17/18: As altas e baixas para pelexar o Ascenso

Siguiente post

Ilustres