ActualidadNoticias

Combinación de pratas.

Xa de volta como é habitual cada luns, para contarvos e analizar xuntos, os resultados e noticias máis destacadas desta fin de semana.

Carreira dos 500m infantil mulleres do Meeting Popular.

Hoxe imos comezar polo noso Meeting Popular en Pista Celta Atletismo, no que un ano máis voltamos a superar o número de participantes que se achegaron a pasar unha agradable mañá de sábado. Un total de 160 atletas maiores e pequenos, tomaron partida das competicións e xogos, onde os máis cativos puideron experimentar e xogar con disciplinas tan dispares como a xavelina, os valados, a lonxitude e incluso a pértega. Tamén foron protagonistas os populares que se atreveron ca mítica distancia da milla, catro voltas e nove metros ao anel que non perdoan. A nosa Cristina Estévez foi a vencedora en categoría feminina, parando o crono en 5:55.71, sendo Diego Barros do Comesaña S.C, o seu homólogo entre os homes cun tempo de 4:51.47.

A nosa Cristina Estévez venceu na Milla feminina.

Sen sair de Vigo, o domingo disputouse a III Xornada da Series Municipais nas pistas de Balaidos, onde a alta participación celeste segue a ser habitual. Os resultados máis destacados foron as victorias de Alice Finot no 3000m cun tempo de 10:33.25s, Mar Pérez no peso con 11.90m e Patricia Correa no martelo cun lanzamento de 44.73m.

A “Combineras” de Pontevedra.

Mirando cara Pontevedra e o Campionato de Galicia de Clubs e Veteráns de Probas Combinadas, onde presentábamos un equipo feminino con algunha baixa, pero con moitas ganas. Finalmente as nosas atletas tivéronse que conformar ca medalla de chocolate, ca suma dos untos de Karolina Puchmertlova (3.556 ptos), Nerea Perelló (3.014 ptos, prata Juvenil), Lara Fernández (2.802 ptos, prata cadete) e Itsaso Fernández (2.483 ptos). Non podemos esquecernos da actuación de Afolfo Sáinz-Maza, que despois dunha disputada combinada, rematou sendo segundo con 6.059 puntos a tan só 50 puntos da victoria. De tódolos xeitos, unha boa marca e mínima para o Campionato de España Promesa, un bo modo de comezar a tempada estival. Parabéns a todos, parece que os motores pouco a pouco vanse engraxando.

Adolfo Sáinz-Maza prata na combinada Absoluta.

Anterior post

Meeting Popular, Galego de Combinadas e Gala do Atletismo. Axenda completa.

Siguiente post

A lista de convocados. Os títulos Galegos entre cella e cella.