CompeticionesEl ClubLiga de Clubes

COLABORADORES 1º MEETING POPULAR EN PISTA: Saúde & Deporte, Máis que Auga,»El Castro» e Traspés

Temos a intención de que o próximo 9 de Maio a cidade de Vigo alugue unha gran xornada de atletismo ó redor da 1ª Xornada da Liga Nacional de Clubs. O Celta Atletismo quere facervos partícipes a todos desta xornada e para iso na mañá previa a competición de clubs organizaremos unha serie de probas populares na pista baixo o nome “1º Meeting popular en pista Celta Atletismo”.

Dos detalles da competición xa falamos fai unhas semanas, agora toca presentar ós colaboradores, que cos seus agasallos darán unha dimensión extra a este evento.

O Ximnasio Saúde & Deporte aportará 8 camisetas técnicas de running.

Máis que auga aportará:

  • 2 unidades de 1 mes curso de piscina para nenos.
  • 2 unidades de 1 mes curso de taekwndo para nenos.
  • 2 unidades de 1 mes curso de padel para nenos.
  • 2 unidades de un 20% de desconto para campamento multiaventura de verán.

El castro

Gastropub El Castro ofrecerá 2 cenas valoradas en 30€.

A asociación cultural Traspés aportará 3 mochilas con DVD y camiseta.

Ademáis Frutas Nieves e Grupo Pasquier colaborarán no avituallamento da proba.

Estes son ata o momento todos os colaboradores que coas súas doazóns fan moi difícil resistir a tentación de entrar en Carreiras Galegas e inscribirse. Desde aquí queremos agradecer a todos eles a súa inestimable axuda, coa que contribúen dunha forma destacada na organización deste evento.

Só quedan unhas horas para que pechen as inscripcións. Aínda estás a tempo!

Anterior post

SIGUIENDO LA PISTA

Siguiente post

CÉLTICOS EN LA CARRETERA