CompeticionesEl ClubLiga de Clubes

COLABORADORES 1º MEETING POPULAR EN PISTA: Fundación Celta e Bikila.

Temos a intención de que o próximo 9 de Maio a cidade de Vigo alugue unha gran xornada de atletismo ó redor da 1ª Xornada da Liga Nacional de Clubs. O Celta Atletismo quere facervos partícipes a todos desta xornada e para iso na mañá previa a competición de clubs organizaremos unha serie de probas populares na pista baixo o nome «1º Meeting popular en pista Celta Atletismo».

Dos detalles da competición xa falamos fai unhas semanas, agora toca presentar ós colaboradores, que cos seus agasallos darán unha dimensión extra a este evento.

A Fundación Celta de Vigo aportará 1 camiseta oficial do R.C.Celta firmada por todos os xogadores do primeiro plantel e 20 invitacións para o partido R.C.Celta – R.C.D.Español.

Mentres, Bikila aportará 20 pares de calcetíns para os nenos, 1 equipación de competición Bikila e un par de zapatillas de clavos marca Brooks.

Estes son os primeiros colaboradores que os presentamos, pero nas próximas datas serán máis. Se dudabas en participar, agora xa tes novos motivos para entrar en Carreiras Galegas e inscribirte.

Anterior post

SIGUIENDO LA PISTA

Siguiente post

J.A.Requejo en la Wings for Life World Run