ActualidadNoticias

Célticos no Hemisferio Norte e no Hemisferio Sur.

Nesta fin de semana, o calendario volverá a apretarse e varios son os frentes nos que os nosos tomarán parte. Cabe destacar que desta vez, a camiseta céltica tamén cruzará de forma simbólica o Oceáno Atlántico.

Nediam Vargas cruza o “charco” para competir con Venezuela.

Comezamos coa figura de Nediam Vargas. A nosa caraqueña viaxa coa Selección Nacional de Venezuela para competir no Campionato Sudamericano que terá lugar en Asunción (Paraguay). Nediam, viaxa o pais guaraní coa mínima mundialista nos 200m lograda o pasado fin de semana en Ciudad Real o que lle dará maior tranqulidade para abordar o mesmo obxetivo nos 100m (tamén está inscrita no 4x100m e no 4x400m). Recordamos que na edición do 2015 (Lima), Nediam lograra o Ouro nos 100m e 4x100m e o Bronce nos 200m. Nesta edición intentará mellorar o logrado en Lima ademáis de intentar a clasificación para os 100m de Londres. Rivais e calidade ten de sobra para logralo, estaremos atentos dende hoxe as evolución do “Power Caribeño”.

Olaia Becerril viaxa a Getafe nun óptimo estado de forma.

Volvendo as competicións nacionais, os nosos xuvenís viaxarán rumbo a Getafe para tomar parte no LXVI Campionato de España Xuvenil. Nicolás García (lanzamento de disco), Olaia Becerril (100m, salto de lonxitude), Eva Queimaño (heptathlón), Mar Pérez (lanzamento de disco e peso) e Patricia Correa (lanzamento de martelo), será a nosa representación en Madrid. Coma sempre as opcións de medallas estarán moi compricadas, pero quen sabe, os nosos sempre dan o mellor seu nivel nestas citas.

Miguel Gómez, exemplar “Ilustre Veterano”.

Pola súa banda, nas terras levantinas de Elche, celébrase o LII Campionato de España Veterano onde os nosos “Ilustres” porán a guinda á temporada en pista o aire libre. Miguel Gómez (100m, 200m), Fernando Paredes (lanzamento de peso), José Fernández Nieves (5000m marcha) e Emma Valencia (100m, 100mv) loitarán de novo por estar entre os mellores veteráns nas súas especialidades e categorías.

Pedro Juncal, trocará o 400m polos 100 e 200m.

Por último, a nivel autonómico, o CGTD de Pontevedra acollerá o Campionato de Galicia Junior – Promesa en pista o aire libre, no que o Grupo Celta Atletismo acudirá con 19 atletas. O reto será dificil, pero homes e mulleres tratarán de traer para Vigo unha decena de metais.

¡Lume!

Anterior post

Algún día serán Célticos de División de Honra.

Siguiente post

Unha fin de semana "Guay del Paraguay".