08 May 2017

As Juniors estelares en Lugo. Campionas Galegas.

Comezamos a semana cunha sonrisa de orella a orella, gracias os resultados dos nosos canteiráns e os nosos universitarios durante o pasado fin de semana. No complexo universtario de Lugo, tivo lugar o Campionato de Galicia de Clusbs Cadete – Juvenil – Junior en pista o aire libre, onde presentemos presentamos tres equipos e apañamos outras tantas medallas. O equipo cadete masculino do R.C. Celta logrou un valiosísimo terceiro lugar na competición cadete por detrás da S.G. Pontevedra e o

0
05 May 2017

Confiamos na nosa #Canteira.

Nesta primaveira estase a dar unha boa colleita o igual que no noso atletismo de canteira. Esta fin de semana Lugo será o epicentro do atletismo galego coa celebración do Campionato de Galicia de Clubs Cadete – Juvenil – Junior en pista o aire libre, onde o Grupo Celta Atletismo presenta tres equipos, o que pon de manifesto que ano tras ano a nosa colleita de novos talentos segue mellorando. En categoría masculina o R.C. Celta presenta os equipo Cadete

0
02 May 2017

As célticas titánicas. Os homes a pola remontada.

Hoxe martes, despois de celebrar o primeiro de maio e descansar como bos traballadores, faremos un repaso do máis destacado que nos deixa a primeira xornada de “La Liga Atletismo 2017”. Escomenzamos co acontecido en Cartagena (Murcia), onde o C.A. Femenino Celta competía contra o equipo local do U.C.A.M, as malagueñas do Cueva de Nerja e as levantinas do C.A. Torrent. Os pronósticos non eran moi favorables, xa que tras unha viaxe eterna e un sinfín de baixas (nove primeiras

0
26 Abr 2017

Volve a Liga Nacional, comezan os novos desafíos.

Despois dos dous Subcampionatos Galegos logrados o pasado sábado nas pistas de A Malata, os nosos dous equipos célticos xa afrontan un novo desafío, o Campionato Nacional de Clubs de Primeira División. Nesta primeira xornada de Liga, o R.C.Celta, desprázase ata Alcorcón (Madrid) para enfrentarse o domingo 30, en xornada matinal, os anfitrións do Atletismo Alcorcón, o clásico A.A. Moratalaz e os extremeños do Perceiana. Neste primer cuadrangular a igualdade será a protagonista, polo que ata ás últimas probas do programa,

0
25 Abr 2017

Dobres Subcampións Galegos Absolutos en Ferrol.

· Víctor Pérez Currás. Ata o ferrolán Polideportivo de A Malata desprazáronse os nosos equipos absolutos o pasado sábado para disputar o Campionato Galego de Clubs de Aire Libre. Coa ilusión de cada ano por alzarse como Reis de Galicia a nivel colectivo e coas xornadas de Liga Nacional xa no punto de mira, os nosos aspiraban a revalidar os título de campións do ano pasado en Lugo. Nunha xornada dobre soleada na que o tradicional vento das pistas de

0
19 Abr 2017

A lista de convocados. Os títulos Galegos entre cella e cella.

O vindeiro sábado 22 de abril celebrarase en Ferrol (Estadio de A Malata), o Campionato de Galicia de Clubs en Pista o Aire Libre. Na reunión da Xunta Directiva do luns 17 de abril, elaborouse a convocatoria final tanto do equipo masculino como do feminino que tomarán parte en dito campionato. · Convocatoria:   A expedición céltica sairá o mesmo sábado 22 de abril ás 7:30h dende as Pistas Municipais de Balaidos (faranse paradas en Domaio, Pontevedra e Santiago). Animar a todos os

0
11 Abr 2017

Combinación de pratas.

Xa de volta como é habitual cada luns, para contarvos e analizar xuntos, os resultados e noticias máis destacadas desta fin de semana. Hoxe imos comezar polo noso Meeting Popular en Pista Celta Atletismo, no que un ano máis voltamos a superar o número de participantes que se achegaron a pasar unha agradable mañá de sábado. Un total de 160 atletas maiores e pequenos, tomaron partida das competicións e xogos, onde os máis cativos puideron experimentar e xogar con disciplinas tan

0
07 Abr 2017

Meeting Popular, Galego de Combinadas e Gala do Atletismo. Axenda completa.

Comezamos a apretar a axenda neste comezo de tempada estival. O primeiro campionato, o noso Meeting e a Gala do Atletismo Galego serán as citas que nos ocupen estes días. Este venres na Pobra do Caramiñal, terá lugar a X Gala Anual do Atletismo Galego, onde se premiarán os méritos acadados polos atletas galegos máis destacados na pasada tempada. Entre os membros deste distinguido grupo, contamos a varios celestes, Miguel Cajaraville (Absoluto), Celia Pérez (Promesa), Andrea Pais (Xuvenil), Olaia Gisela Becerril

0
23 Mar 2017

Ti, o tartán e o crono… ¿Atréveste?

Regulamento do “III MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO”. O Real Club Celta de Atletismo, Club Atletismo Femenino Celta e a Escola Celta Atletismo, co patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, Abanca, Econocom, os Socios Colaboradores do Grupo Celta Atletismo e a colaboración da Federación Galega de Atletismo e o Comité Galego de Xuíces, organizarán o vindeiro 8 de abril o “III

0
20 Mar 2017

Segunda avaliación da Escola Celta Atletismo: Sobresaínte.

Outra semana máis de volta, na que despedimos a tempada invernal e comezamos a recargar as pilas cara ao anel de 400 metros. Comezamos  o sábado na Coruña, no Campionato de Galicia de Pista Cuberta Benxamín, Alevín e Infantíl celebrado no Pazo dos Deportes de Riazor. Da cidade herculina os nosos “peques” trouxeron un botín de 11 preseas e, por riba de todo, pasaron un gran día de competición e convivencia con atletas de toda Galicia. Aínda que nestas idades

0